Estás en:Novas

A Deputación celebra o éxito do Festival de La Luz e seguirá presente na vindeira edición do evento

González Formoso celebra que "o evento musical máis potente e diverso de Galicia se celebre no rural" e destaca o seu "compromiso solidario"

O Festival bateu este ano a súa marca de recadación e destina máis de 117.000 euros a Anxiños e Asanog

A Deputación celebra o éxito do Festival de La Luz e seguirá presente na vindeira edición do evento

O Festival da Luz celebrará a súa novena edición os próximos 11, 12 e 13 de setembro en Boimorto (A Coruña), localidade natal da súa impulsora Luz Casal, e este ano incorporará a Fila 0, con achegas ou doazóns que non supoñen unha localidade de acceso ao evento, para evitar así masificalo.

"Seguimos tendo ilusión polo que facemos, aínda que non está fácil mantela dadas as características peculiares e únicas do noso festival", dixo a artista galega na presentación esta tarde da próxima edición do festival.

No acto, organizado na Fundación Paideia da Coruña, fíxose entrega da recadación da oitava edición ás asociacións ASANOG, de axuda aos nenos oncolóxicos, e ANXIÑOS, de atención a nenos e adolescentes con trastornos mentais graves, que recibiron 58.608 euros cada unha, e outros 3.000 euros destináronse a Boimorto para diversos servizos do pobo.

Trátase da doazón máis alta do oito edicións celebradas até o momento, un feito que alegrou a Luz porque, para todos os que fan o festival, "os nenos son parte importantísima" do seu público, resaltou. "Anímanos saber que temos un público fiel que recibe as nosas propostas con interese, que goza, que aprende e descobre músicas que non son frecuentes noutros festivais, e iso que cada vez son máis os que ofrecen a nosa fórmula, que é ofrecer música e diversa por artistas recoñecidos ou noveis".

A cantante de Boimorto subliñou que o público do Festival da Luz percibe "que están convidados a unha especie de romaría ou festa familiar que dura tres días nun ambiente rural sen artificios, na que todos son benvidos".

Aínda que non se fixo público o cartel da novena edición, o produtor do festival, Farruco Castromán, avanzou que este ano haberá Fila 0 porque a intención é "recadar máis" e "bater outra marca".

Desde a Deputación da Coruña, un dos seus patrocinadores, o presidente Valentín González Formoso agradeceu a Luz e ao seu equipo que logren con este festival demostrar que se poden organizar eventos culturais como este, "probablemente o máis potente e diverso a nivel musical en Galicia", e confiou en que o apoio da institución provincial, que cada ano instala un mercado de produtos do campo locais e ecolóxicos no recinto, "vaia a máis".

González Formoso celebrou o éxito dun festival que se celebra e xira entorno ao mundo rural e o seu "compromiso solidario" por entregar os fondos que recada a entidades que realizan un servizo público.

Unha función que subliñou tamén o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, porque o Festival da Luz "traballa para axudar a colectivos tan importantes e que dan cobertura a necesidades sociais".