Estás en:Novas

A Deputación encargará un proxecto para unha nova senda peonil entre O Souto e Moebe, en Toques

Valentín González Formoso reuniuse co alcalde, Miguel Ángel Buján

A obra completaría a actuación de mellora da seguridade que se está a levar a cabo coa construción das beirarrúas do Souto

A Deputación encargará un proxecto para unha nova senda peonil entre O Souto e Moebe, en Toques

A Deputación da Coruña encargará un proxecto para a construción dunha senda peonil entre o centro do municipio e o lugar de Moebe, en Toques, que complete a actuación que se está a levar a cabo coa construción das beirarrúas do Souto.

Así llo transmitiu o presidente, Valentín González Formoso, ao alcalde de Toques, Miguel Ángel Buján Varela, co que se reuniu esta mañá na sede da institución provincial, xunto co deputado de Economía e Facenda, Antonio Leira.

O rexedor considerou que esta nova senda melloraría a seguridade para a veciñanza do entorno, xa que conectaría o centro da localidade, onde se concentran servizos públicos coma o Centro de Saúde ou a Casa do Concello, co lugar de Moebe mediante a construción dunha senda de algo máis de 700 metros, dando continuidade ás obras de mellora de seguridade peonil que se están levando a cabo na travesía do Souto.

González Formoso trasladou a petición do alcalde ao servizo provincial de Vías e Obras para a súa valoración técnica e económica e a redacción do proxecto técnico.

Miguel Ángel Buján solicitou tamén que a Deputación repare ou leve a cabo determinadas melloras nalgúns puntos das obras da travesía do Souto que presentan problemas, polo que técnicos do servizo de Vías e Obras visitarán a zona para coñecer in situ estes problemas e darlles solución no menor prazo posible.

Páxinas suxeridas