Estás en:Novas

A Xunta entrega o Premio Extraordinario de Danza a unha alumna do Conservatorio Profesional da Deputación

A Xunta entrega o Premio Extraordinario de Danza a unha alumna do Conservatorio Profesional da Deputación

A Xunta entregará este martes o Premio Extraordinario de Danza a Sofía Liñares, alumna dos 7 ao 14 anos do Conservatorio Profesional da Deputación, centro desde o que pasou á escola do Royal Ballet de Londres.

Desde os 7 até os 14 anos, Sofía Liñares foi alumna do Conservatorio Profesional de Danza da Deputación da Coruña, centro en que se formou até que o pasado ano foi admitida na prestixiosa escola do Royal Ballet de Londres no que estuda na actualidade.

Este martes día 2 de febreiro, a Xunta de Galiza outorgaralle o seu Premio Extraordinario de Danza nun acto ao que, por se atopar en Londres, non poderá asistir Sofía Liñares mais no que participarán varios membros da súa familia. O director do Conservatorio Profesional de Danza, Luciano Gómez confirmou tamén a súa presencia no acto de entrega que terá lugar na Cidade da Cultura de Santiago ás 13:00 horas deste martes.

Luciano Gómez mostra a súa satisfacción polo premio concedido até hai pouco alumna do Conservatorio Profesional de Danza e destaca a solidez da súa traxectoria que a levou a ser seleccionada na prestixiosa escola do Royal Ballet de Londres.

A responsábel da área de Cultura da Deputación, Goretti Sanmartín Rei, parabenizou tamén a Sofía Liñares polo recoñecemento e desexoulle moitos éxitos na súa carreira artística.

Páxinas suxeridas