Estás en:Novas

A Deputación da Coruña aplica as recomendacións sanitarias oficiais para a prevención do coronavirus e constitúe unha comisión técnica para seguir posibles casos

A institución provincial ponse a disposición da Xunta de Galicia e o Goberno do Estado para actuar coordinar a acción das institucións na contención do COVID-19

A Deputación da Coruña aplica as recomendacións sanitarias oficiais para a prevención do coronavirus e constitúe unha comisión técnica para seguir posibles casos

A Deputación da Coruña xa está a aplicar as medidas recomendadas polas autoridades sanitarias galegas e estatais para a prevención do coronavirus en centros de traballo.

O Goberno provincial reuniuse hoxe con carácter extraordinario á Xunta de Portavoces, na que participan representantes de todos os grupos políticos da Corporación provincial, para dar conta da situación actual e informar da constitución dunha comisión técnica que se encargará de implantar as distintas medidas recomendadas con motivo do COVID-19.

A comisión técnica será a encargada de facer o seguimento e implantar os protocolos e medidas de prevención e contención recomendadas polas autoridades nacionais e autonómicas de saúde pública.

Desde o goberno da Deputación da Coruña analizarase a evolución da situación e aplicaranse as medidas preventivas para paliar os efectos da situación en función da situación que se vaia producindo para garantir a seguridade dos traballadores e traballadoras dos distintos centros de traballo dependentes da institución provincial.

Seguindo as instrucións da Xunta de Galicia, a Deputación pechará a partir do luns os seus centros educativos: o IES Puga Ramón e o IES Calvo Sotelo, ambos na cidade da Coruña.

Así mesmo estase traballando para garantir que parte do persoal da institución provincial poda acceder ao teletraballo dende as súas casas.

O Goberno da Deputación vén de reducir a súa axenda pública, evitando todos aqueles actos que non sexan imprescindibles. Tamén se anulan as viaxes de traballo, a participación en feiras turísticas e os cursos e actividades formativas presenciais, entre outras.

A Deputación da Coruña seguirá puntualmente as recomendacións das organizacións sanitarias que dirixen a crise e ponse á disposición da Xunta e o Estado para a coordinación entre as institucións para frear a expansión do coronavirus.

Páxinas suxeridas