Estás en:Novas

González Formoso afirma que o “pago puntual” a provedores e contratistas seguirá sendo un dos servizos esenciais da Deputación da Coruña “porque sabemos o moito que está en xogo, tamén no eido económico”

A Deputación da Coruña seguirá sendo unha das máis rápidas de España en pagar os seus provedores

González Formoso afirma que o “pago puntual” a provedores e contratistas seguirá sendo un dos servizos esenciais da Deputación da Coruña “porque sabemos o moito que está en xogo, tamén no eido económico”

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, afirmou hoxe que o "pago puntual" a provedores e contratistas, así como o das subvencións xustificadas, será un dos "servizos esenciais" nos que a institución provincial seguirá centrando os seus esforzos durante a crise sanitaria do coronavirus.

"Sabemos o moito que está en xogo, tamén no eido económico", afirmou o presidente da Deputación, que garantiu que a institución seguirá, como ata agora, sendo unha das máis rápidas de España en pagar os seus provedores.

No acordo aprobado na Xunta de Goberno extraordinaria e urxente de onte estableceuse que ademais dos servizos sociais, a teleasistencia, o mantemento da rede provincial de estradas, os servizos de tecnoloxías da comunicación e a asistencia aos concellos, o pago das facturas da Deputación seguirá a ser un dos servizos esenciais que funcionarán ao 100% a pesar das restriccións.

As axudas do PEL terán novos prazos

Neste sentido, o presidente provincial avanzou tamén que aínda que os prazos para que pemes, autonómos e emprendedores soliciten as axudas do Plan de emprego local (PEL) remataban o día 24 de marzo, "esta data queda suspendida e comunicarase oportunamente a nova data límite das solicitudes, así como as novidades que puidera haber no PEL, ante o difícil escenario económico que se aveciña"

Páxinas suxeridas