Estás en:Novas

Medidas adoptadas no Plan de Formación como consecuencia da crise sanitaria

Como consecuencia da evolución da epidemia provocada polo coronavirus COVID-19, a Sección de Formación da Deputación da Coruña adoptou as seguintes medidas en relación ao Plan de Formación Agrupado 2020, co obxecto de garantir o dereito á formación dos empregados públicos das entidades locais da provincia:

1) As accións formativas previstas na modalidade presencial suspenderanse de xeito indefinido.

2) As accións formativas programadas na modalidade en liña comezarán a executarse no mes de abril.

As persoas admitidas serán contactadas a través do seu correo electrónico corporativo (o que empregaron para inscribirse nos cursos, a través da plataforma Subtel) para que confirmen ou renuncien a súa participación. Pregámoslles que revisen os seus correos corporativos para evitar incidencias e garantir a súa admisión.

3) Atendendo á excepcionalidade da situación, a Sección de Formación ten previsto realizar unha convocatoria extraordinaria para este semestre, que incluirá varios cursos na modalidade de teleformación. Mantéñanse atentos á nosa web.

Para calquera información relacionada co Plan, poden contactar coa Sección de Formación no seguinte enderezo electrónico: formacion@dacoruna.gal.

Moita saúde, ánimo e, sobre todo, queden na casa!

Páxinas suxeridas