Estás en:Novas

A Deputación realiza tarefas de limpeza e desinfección no exterior do Fogar Infantil Emilio Romay e o edificio A Milagrosa

Realízanse coa colaboración da Concellería de Medio Ambiente do Concello da Coruña

A Deputación realiza tarefas de limpeza e desinfección no exterior do Fogar Infantil Emilio Romay e o edificio A Milagrosa

A Deputación da Coruña agradece a colaboración do Concello da Coruña para levar a cabo durante esta mañá tarefas de limpeza e desinfección nos exteriores do Fogar Infantil Emilio Romay, xestionado pola institución provincial coruñesa, e o edificio A Milagrosa, parte do cal está cedido á Unión Democrática de Pensionistas e Xubliados como residencia para persoas maiores.

Os labores foron coordinados coa área de Medio Ambiente do Concello da Coruña, que durante estes días se encarga da limpeza e desinfección de diversas rúas e espazos públicos da cidade herculina.

Ordenador para videochamadas

A Deputación instalou ademais no Fogar Infantil Emilio Romay un ordenador con sistema de videochamadas para que os menores residentes no centro poidan estar en contacto permanente coas súas familias.

Páxinas suxeridas