Estás en:Novas

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE CURSOS EN LIÑA CON MOTIVO DA ALERTA SANITARIA POR COVID-19

Aberto o prazo para a presentación de solicitudes aos cursos en liña da convocatoria extraordinaria do Plan de formación agrupado 2020. O devandito prazo remata o venres 3 de abril

Ata o 3 de abril está aberto o prazo para inscribirse nos cursos da convocatoria extraordinaria do Plan de formación agrupado 2020 que organiza a Deputación da Coruña no marco do Acordo de Formación para o emprego das Administracións Públicas (AFEDAP), e que van dirixidos ao persoal das entidades locais da provincia. Trátase de accións formativas na modalidade en liña cuxa execución estaba programada para o segundo semestre do 2020, e que decidimos adiantar ante a imposibilidade de realizar os cursos presenciais nesta situación excepcional.

Máis información: Consultar a seguinte ligazón

Moita saúde, ánimo, e queden na casa!

Páxinas suxeridas