Estás en:Novas

A Deputación reforza a súa oferta de formación en liña

Supendéronse 65 cursos presenciais e adiántanse todos os cursos en liña previstos ata fin de ano

O prazo de inscirición está aberto ata o 3 de abril

A Deputación reforza a súa oferta de formación en liña

A situación derivada do Covid19, que mantén á poboación nos seus domicilios, obrigou á Deputación da Coruña a suspender os 65 cursos presenciais do Plan de Formación Agrupado 2020 previstos para o segundo trimestre do ano.

Para asegurar, dentro do posible, o dereito a formarse dos traballadores e traballadoras das 101 entidades locais que partipan no plan e non prexudicar as empresas do sector, a sección de Formación decidiu adiantar a primeiros de abril o inicio da maioría de cursos en liña previstos para o período abril-xuño e abrir, de forma urxente, unha convocatoria extraordinaria con varios cursos en liña que estaban previstos para o último cuatrimestre do ano.

O prazo de inscrición para estes cursos xa está aberto e finalizará o 3 de abril.

Os cursos desta convocatoria extraordinaria que comezarán no mes de abril son os seguintes:

- Réxime xurídico, procedemento e responsabilidade patrimonial das administracións públicas: 40 prazas.

- Ciberseguridade para usuarios: 80 prazas.

- Violencia de xénero: 40 prazas.

- Teoría e práctica da nova Lei de contratos do sector público: 40 prazas.

- LibreOffice: 40 prazas.

- Interpretación do patrimonio e turismo cultural: 40 prazas.

- Xestión de subvencións. Tramitación e control: 40 prazas.

- Deseño de folletos e cartelería con software libre (Scribus): 40 prazas.

- Nóminas e seguros sociais na Administración local: 40 prazas.

En función do número de inscritos/as o número de prazas dalgún dos cursos podería incrementarse.

Máis información en:

https://www.dacoruna.gal/formacion