Estás en:Novas

A Deputación da Coruña colabora coa Asociación de Empresarios de Agrela nunha nova edición da Guía de Empresas

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o seu homólogo da Asociación de Empresarios de Agrela, Javier González Sampedro, e a xerente da entidade empresarial, Teresa Firvida, presentaron esta mañá na Coruña unha nova edición da "Guía de Empresas", un completo volume no que se recolle información sobre os centos de empresas que desenvolven a súa actividade neste parque empresarial, ordenadas alfabeticamente e por área de actividade.

O presidente dos empresarios de Agrela agradeceu o apoio da institución provincial para a elaboración desta guía, da que se editarán 8.000 exemplares, e que pretende ser "unha ferramenta práctica e orientada aos clientes" deste parque empresarial urbano, un dos máis importantes de Galicia, con máis de 1.400.000 metros cadrados de superficie e no que se instalan preto de 600 empresas.

González Sampedro considerou que "é importante que as administracións se impliquen coas asociacións empresariais", porque redunda "nun beneficio para a cidade"

Pola súa banda, o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, afirmou que a provincia da Coruña "é o motor económico de Galicia" e quinta provincia de España por achega ao PIB das súas empresas e destacou que "este espírito dinámico e emprendedor se concreta en grandes polos industriais como Agrela", onde conviven grandes iniciativas empresariais con pequenas e medianas empresas e novas iniciativas de emprendedores.

González Formoso afirmou que a creación de emprego será "o eixe transversal" da acción da Deputación durante o presente mandato, para o que se destinarán 6 millóns de euros á creación dun novo Plan de emprego provincial, multiplicando por 6 o esforzo económico nesta área con respecto aos anteriores gobernos provinciais.

Páxinas suxeridas