Estás en:Novas

A Deputación da Coruña aposta polo teatro para concienciar contra a violencia de xénero

"Contamos todas" é unha programación cultural coa que a área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade de Xénero quere contribuír á sensibilizar contra a violencia de xénero entre mozos e mozas. A compañía Tropa de Trapo bota man de técnicas do teatro social para concienciar á mocidade contra o sexismo.

"Trátase dun programa que buscará concienciar a mozos e mozas contra a violencia de xénero para contribuír a unha sociedade máis igualitaria. Consideramos que esta é unha idade especialmente acaída para intervir e a proposta de teatro participativo unha fórmula que ten moi bos resultados á hora de concienciar a mocidade", destaca a deputada Ánxela Franco, responsábel da área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade de Xénero.

Os concellos de Fene, Cedeira, Brión, Muros, Ordes, Carnota, Vimianzo, Rianxo, Coristanco e Sada acollerán o circuíto "Contamos todas", unha iniciativa da área de Fene, Cedeira, Brión, Muros, Ordes, Carnota, Vimianzo, Rianxo, Coristanco e Sada da Deputación da Coruña que se desenvolverá desde o 1 de marzo até o 25 de abril.

A Deputación da Coruña aposta polo teatro para concienciar contra a violencia de xénero

"Contamos todas" é unha programación cultural coa que a área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade de Xénero quere contribuír á sensibilizar contra a violencia de xénero entre mozos e mozas. A compañía Tropa de Trapo bota man de técnicas do teatro social para concienciar á mocidade contra o sexismo.

"Trátase dun programa que buscará concienciar a mozos e mozas contra a violencia de xénero para contribuír a unha sociedade máis igualitaria. Consideramos que esta é unha idade especialmente acaída para intervir e a proposta de teatro participativo unha fórmula que ten moi bos resultados á hora de concienciar á mocidade", destaca a deputada Ánxela Franco, responsábel da área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade de Xénero.

Os concellos de Fene, Cedeira, Brión, Muros, Ordes, Carnota, Vimianzo, Rianxo, Coristanco e Sada acollerán o circuíto "Contamos todas", unha iniciativa da área de Fene, Cedeira, Brión, Muros, Ordes, Carnota, Vimianzo, Rianxo, Coristanco e Sada da Deputación da Coruña que se desenvolverá desde o 1 de marzo até o 25 de abril.

Dirixida a alumnado de segundo ciclo da ESO e de Bacharelato, o proxecto nace a man da compañía Tropa de Trapo e emprega técnicas de teatro social co fin de contribuír á sensibilización social contra a violencia de xénero, convidando ao posicionamento persoal do alumnado contra as actitudes machistas que xeran desigualdades. "As institucións, as entidades, o sistema educativo e a sociedade en xeral ten que implicarse no combate da violencia de xénero e desde a Deputación estamos a desenvolver unha liña que incide neste tramo de idade na que se forman as personalidades do futuro, dun futuro que queremos sen sexismo nin discriminación", engade a deputada nacionalista Ánxela Franco.

Música ao vivo, narración oral e técnicas do teatro da oprimida son algúns dos elementos empregados por "A tropa de Trapo" co fin de promover dinámicas participativas entre o alumnado. A actividade parte dun contacontos sobre a vida de mulleres galegas reais e o seu empoderamento e outro sobre a historia das mulleres en diferentes partes do mundo. A iniciativa, xestionada pola empresa Urdime S. Coop Galega, bota man do teatro como ferramenta de participación social.

Os contos arredor dos que se traballará nos centros de ensino son "As mulleres de Torneiros" e "Liberia", relatos de mulleres empoderadas, rebeldes, historias de superación das que se debatará e e traballarase con distintos conceptos convidando ao alumnado a participar, a opinar coa voz e o corpo chegando a interpretar unha escena sobre a que reflexionar. A área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade de Xénero busca con esta iniciativa crear debate, reflexión e pensamento crítico co fin de procurar entre a poboación adolescentes novos modelos de relación en igualdade.

A programación, xestionada pola empresa Urdime S. Coop Galega. circulará por concellos de diferentes comarcas con poboación de menos de 20.000 habitantes mais que teñan unha porcentaxe de máis de 10% da poboación total menor de 16 anos.

Datas de execución:

1 de marzo - IES LAMAS DE CASTELO - CARNOTA
14 de marzo - IES PLURILINGUE FONTERERÍS - MUROS
16 de marzo - IES PUNTA CANDIEIRA - CEDEIRA
17 de marzo - CPI ALCALDE XOSÉ PICHEL - CORISTANCO
4 de abril - IES ISAAC DIAZ PARDO - SADA
5 de abril - IES FENE - FENE
7 de abril - IES TERRA DE SONEIRA - VIMIANZO
8 de abril - IES FELIX MURIAL - RIANXO
14 de abril - IES BRIÓN - BRIÓN
25 de abril - IES Nº1 - ORDES

Páxinas suxeridas