Estás en:Novas

A Deputación renovará o firme da estrada DP 3204 ao seu paso polo centro de Curtis

Saen a licitación das obras da travesía, cun orzamento de 85.272 euros

A Deputación renovará o firme da estrada DP 3204 ao seu paso polo centro de Curtis

A Deputación da Coruña vén de sacar a licitación, cun orzamento de 85.272,98 euros, as obras de renovación do firme da estrada DP 3204 ao seu paso polo centro urbano de Curtis.

O capa de rodaxe actual atópase actulamente nun estado importante de deterioramento. Ademais, a tipoloxía do pavimento, constituído por lousas de formigón, xeran un importante nivel sonoro, causando molestias á veciñanza.

A actuación prevista estenderase entre os puntos quilométricos 0+000 e 1+070 e consistirá en demolición de partes do firme actual, reparacións localizadas e posterior pavimentación con pavimento de formigón. O tramo rematarase cunha capa de mestura bituminosa en quente

O prazo de execución será de dous meses a partir do inicio das obras.

Páxinas suxeridas