Estás en:Novas

A Deputación renovará o firme estrada DP 1904 de Berdillo a Moucho, en Carballo

Saen a licitación as obras de pavimentación dos primeiros 2,5 quilómetros da estrada, cun orzamento de 282.525 euros

A Deputación renovará o firme estrada DP 1904 de Berdillo a Moucho, en Carballo

A Deputación da Coruña vén de sacar a licitación, cun orzamento de 282.525,18 euros, as obras de renovación do firme da estrada DP1904 de Berdillo a Moucho, no termoo municipal de Carballo.

A actuación prevista estenderase entre os puntos quilométricos 0+000 e 2+450 e comezará coa limpeza de beiravías, cunetas e taxeas en ambas as marxes e a limpeza e reparación das zonas que presentan gretas ou fochancas cun tratamento superficial.

Posteriormente procederase á pavimentación de todo o tramo con mestura asfáltica en quente de 6 cm de espesor en todo o ancho da calzada, o recrecido dos sumidoiros e a renovación da sinalización horizontal e vertical.

O prazo de execución será de catro meses a partir do inicio das obras.

Páxinas suxeridas