Estás en:Novas

Acordo do Consello da Xunta de Galicia sobre entendemento da situación emerxencia sanitaria no marco xurídico do estado de alarma.

XUNTA DE GALICIA

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 15 de maio de 2020, sobre o necesario entendemento da declaración de situación de emerxencia sanitaria no marco xurídico derivado do estado de alarma.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200518/AnuncioG0244-160520-1_gl.pdf

Primeiro. (...) estado de alarma non suporá obstáculo ningún ao desenvolvemento e á realización das actuacións electorais precisas para o desenvolvemento das eleccións convocadas a parlamentos de comunidades autónomas,(...)
Segundo. No caso de convocatoria de eleccións ao Parlamento de Galicia, os órganos autonómicos competentes adoptarán as medidas necesarias para garantir a protección da saúde durante o desenvolvemento do proceso electoral a Administración autonómica promoverá que as demais administracións e entidades con competencias no desenvolvemento do proceso electoral adopten medidas coa mesma finalidade e prestará a colaboración que, para estes efectos, resulte necesaria».

Páxinas suxeridas