Estás en:Novas

A Deputación financia a renovación da cuberta do CEIP O Marbán das Somozas

As obras, en fase de licitación, supoñen un investimento de 55.493,95 euros para substituír a cuberta e o lucernario do centro escolar

A Deputación financia a renovación da cuberta do CEIP O Marbán das Somozas

A Deputación da Coruña financiará a substitución da cuberta e o lucernario do CEIP O Marbán, no Concello das Somozas.

As obras, en licitación ata o 25 de maio, contan cun orzamento de 55.493,95 euros, achegados integramente pola institución provincial a través do Plan Único (POS+2019), e permitirán eliminar as goteiras e filtracións de auga que afectan ao interior deste centro escolar.

A cuberta actual será levantada e substituída por unha nova que permita unha correcta impermeabilización do inmoble. Tamén se substituirá o lucernario, que se atopa nun estado de deterioro importante, por un novo con estrutura de aluminio anodizado e policarbonato de 16 mm de espesor.

Aproveitaranse as obras para levar a cabo a limpeza e impermeabilización do canalón de fábrica existente.

O prazo de execución é de un mes a partir do inicio dos traballos, polo que se prevé que a obra poida estar rematada para o inicio do vindeiro curso escolar.

Páxinas suxeridas