Estás en:Novas

A Deputación destina máis de un millón de euros á contratación de técnicos deportivos en 77 concellos da provincia

Ademais de xerar emprego, o programa facilita que os municipios coruñeses poidan desenvolver programacións deportivas de carácter estable e fomentar o deporte e a actividade física entre a poboación

A Deputación destina máis de un millón de euros á contratación de técnicos deportivos en 77 concellos da provincia

O Boletín Oficial da Provincia publicou onte a concesión definitiva das subvencións que concede anualmente a Deputación da Coruña para a contratación de persoal técnico deportivo nos concellos da provincia. Este ano, 77 concellos contratarán ou manterán no seu cadro de persoal a técnicos deportivos municipais grazas ao apoio económico da Deputación, que achega un total de 1.008.966,33 euros para financiar este programa.

A deputada responsable da área de Deportes, Cristina Capelán, afirmou que "ademais de contribuír á xeración de emprego na provincia, permitindo a contratación de 77 persoas durante un período dun ano, facilitan tamén que os municipios coruñeses poidan desenvolver programacións deportivas de carácter estable e fomentar a actividade física entre a poboación".

"Ademais das funcións habituais de promoción do deporte, este persoal técnico será moi útil para adaptar as instalacións e as actividades á evolución da COVID-19, aplicando e supervisando as pautas de actuación que indiquen as autoridades no seu momento para garantir a seguridade nas instalacións deportivas", afirmou a deputada.

A Deputación financia ata o 80% dos custes salariais (soldo e Seguridade Social) do persoal técnico deportivo contratado durante un ano, cunha achega máxima de 15.000 euros para aqueles municipios que optan pola contratación dun graduado universitario en Ciencias da Actividade Física e o Deporte que traballe a xornada completa. Os concellos poden contratar tamén técnicos superiores en Animación de Actividades Físicas e Deportivas e facelo a xornada completa ou media xornada, aboando sempre o 20% restante do salario.

Comarca de Santiago

CONCELLO

ACHEGA

A Baña

15.000,00

Ames

15.000,00

Boimorto

15.000,00

Boqueixón

10.000,00

Dodro

15.000,00

Frades

10.000,00

Melide

10.000,00

Mesía

15.000,00

Ordes

15.000,00

Oroso

10.000,00

Padrón

15.000,00

Rois

15.000,00

Santa Comba

15.000,00

Santiso

15.000,00

Teo

15.000,00

Toques

15.000,00

Tordoia

15.000,00

Touro

15.000,00

Trazo

15.000,00

Val do Dubra

10.000,00

Vedra

15.000,00

O Pino

15.000,00

Total

305.000,00

 

 

 

Comarca da Coruña e As Mariñas

CONCELLO

ACHEGA

Abegondo

10.000,00

Aranga

15.000,00

Arteixo

15.000,00

Betanzos

  7.500,00

Cambre

15.000,00

Carral

15.000,00

Culleredo

15.000,00

Curtis

15.000,00

Irixoa

15.000,00

Oleiros

15.000,00

Paderne

11.538,00

Sada

10.000,00

Sobrado

15.000,00

Vilasantar

10.000,00

Total

184.038,00

 

 

Comarca de Ferrolterra, Eume e Ortegal

CONCELLO

ACHEGA

A Capela

  3.958,33

As Pontes

15.000,00

Ares

15.000,00

Cariño

15.000,00

Cedeira

  5.000,00

Fene

15.000,00

Ferrol

15.000,00

Mañón

10.000,00

Moeche

10.000,00

Monfero

10.000,00

Neda

  8.470,00

Mugardos

15.000,00

Pontedeume

15.000,00

San Sadurniño

15.000,00

Valdoviño

  5.000,00

Vilarmaior

15.000,00

Total

187.428.33

 

 

Comarca de Bergantiños – Costa da Morte

CONCELLO

ACHEGA

Cabana de Bergantiños

  7.500,00

Camariñas

15.000,00

Carballo

15.000,00

Cee

15.000,00

Cerceda

15.000,00

Corcubión

15.000,00

Coristanco

10.000,00

Dumbría

10.000,00

Fisterra

10.000,00

Laxe

15.000,00

Malpica

15.000,00

Muxía

10.000,00

Ponteceso

15.000,00

Vimianzo

15.000,00

Zas

10.000,00

Total

192.500,00

 

 

Comarca do Barbanza

CONCELLO

ACHEGA

A Pobra

15.000,00

Boiro

15.000,00

Carnota

15.000,00

Lousame

15.000,00

Mazaricos

15.000,00

Muros

15.000,00

Outes

10.000,00

Porto do Son

10.000,00

Rianxo

15.000,00

Ribeira

15.000,00

Total

140.000,00

 

 

Páxinas suxeridas