Estás en:Novas

A Deputación renovará o firme da estrada DP 3607 de Valón a San Xurxo, en Ferrol

Saen a licitación as obras de pavimentación dos primeiros 4,3 quilómetros da estrada, cun orzamento de 254.943 euros

A Deputación renovará o firme da estrada DP 3607 de Valón a San Xurxo, en Ferrol

A Deputación da Coruña vén de sacar a licitación, cun orzamento de 254.943,39 euros, as obras de renovación do firme da estrada DP 3607 de Valón a San Xurxo, no termo municipal de Ferrol.

A actuación prevista estenderase entre os puntos quilométricos 0+000 e 4+300 e comezará coa limpeza de beiravías, cunetas e taxeas en ambas as dúas marxes e a limpeza e demolición das zonas máis deterioradas nas que o pavimento está máis deteriorado e a súa reposición.

Posteriormente procederase á pavimentación de todo o tramo con mestura asfáltica en quente en todo o ancho da calzada, o recrecido dos sumidoiros e a renovación da sinalización horizontal e marcas viais.

O prazo de execución será de tres meses a partir do inicio das obras.

Páxinas suxeridas