Estás en:Novas

O Plan Único da Deputación financia a rehabilitación do Centro de Interpretación do Buño Oleiro, en Malpica

As obras, en fase de licitación, suporán un investimento de 44.297 euros para acondicionar o exterior e o interior do inmboble

O Plan Único da Deputación financia a rehabilitación do Centro de Interpretación do Buño Oleiro, en Malpica

A Deputación da Coruña investirá 44.297 euros na rehabilitación integral do Centro de Interpretación do Buño Oleiro e Terras de Bergantiños (CIOBTB), en A Camposa (Malpica).

As obras están en fase de licitación ata o 28 de maio e terán como obxecto solventar as deficiencias detectadas no inmoble, cunha superficie construída de 1.000 metros cadrados, despois de bastante tempo sen actividade.

Os traballos inclúen a rehabilitación da cuberta e susbtitución dos elementos máis deteriorados, coma canalóns e baixantes ou as tellas do módulo dereito do edificio, o saneamento da estrutura metálica e limpeza dos vidros da marquesiña de acceso do edificio.

Limparanse con chorro de area a fachada e os pavimentos de pedra exteriores, eliminando posteriormente as gretas ou fisuras con cemento especial e aplicando un tratamento impermeabilizante elástico en dúas capas.

No interior restaurarase a carpintería metálica e de madeira, substituíndo os elementos deteriorados, reporase a tarima flotante e desmontaranse os vidros para substituílos por un novo acristalamento laminar de seguridade e aplicarase pintura antihumidade.

Páxinas suxeridas