Estás en:Novas

A Deputación e o Concello de Brión invisten 306.705 euros mellora da seguridade peonil na travesía de Bastavaliños

Construirase unha senda de 2,3 quilómetros para mellorar a seguridade da veciñanza nunha estrada que presenta un importante volume de tráfico

A Deputación e o Concello de Brión invisten 306.705 euros mellora da seguridade peonil na travesía de Bastavaliños

A Deputación da Coruña e o Concello de Brión investirán 306.735, 47 euros nun proxecto de mellora da seguridade peonil na travesía de Bastavaliños.

O proxecto, en fase de licitación pública ata o vindeiro 28 de maio, será financiado con 240.449,44 euros do Plan Único (POS+2019) e 66.286,03 euros achegados polo Concello de Brión con fondos propios e suporán unha importante mellora na seguridade desta travesía, que carece actualmente de beirarrúas, agás en tramos illados, a pesar de contar con numerosas vivendas no entorno e de tratarse dun vial cun importante volume de tráfico.

As obras suporán a construción dunha senda de formigón de 2.300 metros de longo e 1,80 metros de ancho que decorerrá pola marxe esquerda da calzada, en dirección á estrada autonómica AC- 300. Na marxe dereita executaranse tamén tramos de senda nas zonas nas que se concentren vivendas ou servizos.

Actualmente a travesía de Batavaliños conta con dúas zonas de nova urbanización dotadas con beirarrúas que darán continuidade á nova senda.

A senda contará cun sistema de drenaxe mediante colector de PVC de 400 mm de diámetro e as correspondentes arquetas con sumidoiros, co fin de evitar as acumulacións de auga.

Páxinas suxeridas