Estás en:Novas

A asociacións profesionais da cultura poden concorrer até o 19 de xuño á nova liña de axudas da Deputación da Coruña

A área de Cultura destina 200.000 para apoiar as entidades sectoriais culturais

A asociacións profesionais da cultura poden concorrer até o 19 de xuño á nova liña de axudas da Deputación da Coruña

A área de Cultura da Deputación da Coruña abre o prazo de presentación para que as entidades profesionais da cultura podan concorrer á nova liña de axudas ás que destina un orzamento de 200.000 euros. Estará aberto até ás 14.00 horas do día 19 de xuño.

Desde o día 26 de maio até o 19 de xuño as asociacións profesionais que representan os distintos sectores da cultura poderán acceder á nova liña de axudas da Deputación da Coruña que quere colaborar no desenvolvemento das súas programacións con axudas de até un máximo de 30.000 €. O orzamento total da convocatoria é de 200.000 €.

"Con esta liña de axudas queremos apoiar as programacións das entidades profesionais que, entre outras cousas, para nós son fundamentais á hora de deseñar políticas culturais e defender e promocionar os distintos sectores da cultura", sinala o deputado de Cultura, Xurxo Couto dunha convocatoria á que poderán concorrer asociacións de actores e actrices, de escritoras e escritores, de compañías teatrais, ou de produtoras audiovisuais que agrupen profesionais e agrupacións dos distintos sectores poderán acceder á nova liña da área.

"Nun contexto tan complexo en que se fan tan necesarias a formulación de alternativas para a promoción e difusión de contidos culturais e para o debate sobre a situación da cultura o papel que desenvolven as entidades profesionais é aínda máis necesario e importante por iso desde a Deputación da Coruña queremos apoiar de maneira decidida o seu traballo", explica Xurxo Couto arredor dunhas entidades que teñen especial relevancia para a profesionalización da cultura.

Son obxecto do programa de subvencións actividades como a convocatoria e e desenvolvemento de certames, premios ou concursos. actividades de carácter formativo, elaboración, edición e difusión de contidos culturais de posta en valor do propio sector: libros; revistas, discos, filmes, exposicións...; traballos e actividades culturais de investigación, formación, análise ou debate ou actividades de posta en valor e difusión do patrimonio cultural material e inmaterial e de dinamización.

Máis informacións nos BOP:

https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2020/05/25/2020_0000002863.pdf https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2020/05/12/2020_0000002661.pdf