Estás en:Novas

A Deputación destina preto de 3 millóns de euros a subvencionar accións de promoción económica de concellos e entidades da provincia

A área de Promoción Económica da Deputación da Coruña ven de recibir un total de 680 solicitudes de concellos, entidades, confrarías de pescadores, agrupacións de mariscadoras e asociacións labregas da provincia para participar na convocatoria de subvencións do presente ano, á que se destinan 2.928.000 euros.

En concreto, as solicitudes de entidades suman un total de 481 para un presuposto total de 1.648.000 euros, mentres que as dos concellos suman 199 para un orzamento de 1.280.000 euros.

O programa de apoio ás confrarías de pescadores e agrupacións de mariscadoras da provincia, dotado con 440.000 euros, recibiu un total de 33 solicitudes, tres mais que o ano anterior; mentres que o programa dirixido a entidades asociativas labregas, cun orzamento de 410.000 euros, recibiu 128 solicitudes, un 25% mais que en 2015.

Tamén se incrementan as solicitudes por parte dos concellos da provincia, que este ano formularon 199 solicitudes de subvención para actividades de promoción económica, 16 máis que o ano pasado, que optan a axudas por un montante global de 1.280.000 euros entre investimentos e actividades como formación para o emprego, ou proxectos de mellora do comercio e o turismo local.

No apartado de entidades, este ano concorren ás subvencións da Deputación un total de 319 peticións, nove máis que o ano pasado, que optan a axudas por importe de 828.000 euros para cuestións que van dende a promoción de produtos locais á organización de xornadas de formación ou programas de inserción laboral de persoas con especiais dificultades.

A Deputación da Coruña constituirá nos vindeiros días unha comisión técnica que se encargará de baremar as diferentes propostas e asignar as subvencións aos concellos e entidades que participaron na convocatoria.

Páxinas suxeridas