Estás en:Novas

A Deputación inviste 171.000 € na mellora do acceso á praia de Pantín (Valdoviño)

Valdoviño financia co Plan Único a construción dunha senda peonil en Ariño que mellorará a seguridade dos viandantes na zona

As obras incluirán a instalación dun novo sistema de alumeado LED

A Deputación inviste 171.000 € na mellora do acceso á praia de Pantín (Valdoviño)

A Deputación da Coruña investirá 171.224,72 euros na mellora da accesibilidade e a seguridade peonil no acceso a Ariño, en Pantín (Valdoviño).

As obras, en fase de licitación pública ata o vindeiro 5 de xuño, serán financiadas integramente con cargo aos fondos adicionais do Plan Único (POS+2019) e terán un prazo de execución de catro meses.

O proxecto pretende mellorar a seguridade do vial que dá acceso á praia de Pantín no lugar de Ariño, onde o escaso ancho da estrada actual (entre 4 e 3,20 metros) e a alta intensidade de tráfico que rexistra durante o verán, así como a densidade poboacional da zona, supoñen un perigo para os viandantes.

A estrada ten unha lonxitude total de algo máis de un quilómetro e, tanto no tramo dos 100 metros finais coma nos primeiros 550 metros, carece de beiravías.

O proxecto dotará á zona dun acceso peonil seguro de 1,30 metros de ancho ao longo dos 1.040 metros do vial, executado en soleira de formigón, con reforzo e regularización da calzada que será pavimentada, logo de cubrir as fochancas, con aglomerado en quente de 6 cm de espesor. Para iso será necesario o retranqueo de tres postes de alumeado público e a reconstrución das interseccións con outros camiños pavimentados.

As obras completaranse coa substitución do alumeado público actual por un novo sistema de luminarias LED de 40 w, que melloran a eficiencia enerxética e luminosa, e o pintado das liñas, bordos e pasos do vial.

Páxinas suxeridas