A Deputación financia con 900.000 euros os servizos de limpeza de praias de 40 concellos da provincia
A finalidade do programa é apoiar os concellos costeiros nos gastos de contratación do persoal das brigadas que se encargarán da limpeza dos areais da provincia
Este programa, xunto co de contratación de socorristas, suporá a creación de 300 empregos na provincia durante a época estival

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a adxudicación definitiva do programa de limpeza de praias 2020, a través do cal a Deputación da Coruña repartirá 900.000 euros entre 40 municipios costeiros coruñeses.
A finalidade do programa é apoiar os concellos coruñeses no sostemento dos gastos de contratación do persoal das brigadas que se encargarán da limpeza dos areais da provincia, así como da adquisición do material necesario, vestiario ou combustible.
O programa contribuirá, un ano máis, á limpeza das praias coruñesas de cara á tempada estival e axudará tamén á creación de emprego durante os meses de verán, xa que a cargo deste programa e do de contratación de socorristas en piscinas municipais contrátanse cada ano preto de 300 persoas.
A subvención para a creación destas brigadas de limpeza ten unha duración máxima de tres meses, que deberán estar comprendidos na época estival
As cantidades económicas asignadas son as seguintes:
CONCELLO
Concedido
PONTEDEUME
20.827,25 €
MIÑO
25.633,54 €
MAÑÓN
24.992,70 €
ORTIGUEIRA
30.439,82 €
FERROL
32.041,92 €
BOIRO
26.274,37 €
OLEIROS
28.837,73 €
CEDE IRA
10.989,66 €
MUGARDOS
20.827,25 €
LAXE
26.437,99 €
OUTES
7.670,00 €
MUROS
25.633,54 €
A LARACHA
24.351,86 €
ARTEIXO
25.633,54 €
PADERNE
12.597,87 €
CARBALLO
21.053,19 €
NEDA
6.768,00 €
DUMBRÍA
18.655,88 €
ARES
25.633,54 €
RIBEIRA
28.517,31 €
NARÓN
22.429,34 €
CARNOTA
30.119,40 €
A POBRA DO CARAMIÑAL
24.031,44 €
CEE
20.364,55 €
MALPICA BERGANTIÑOS
22.206,76 €
FISTERRA
26.915,21 €
CABANAS
23.711,02 €
NOIA
20.480,44 €
FENE
10.571,75 €
RIANXO
22.749,76 €
MUXÍA
26.915,21 €
CAMARIÑAS
25.516,65 €
CARIÑO
16.338,04 €
PORTO DO SON
30.439,82 €
CORCUBIÓN
7.747,33 €
SADA
24.672,28 €
CABANA DE BERGANTIÑOS
16.062,94 €
VALDOVIÑO
30.439,84 €
BERGONDO
24.031,44 €
PONTECESO
30.439,82 €
900.000,00 €