Estás en:Novas

A Deputación habilita un servizo de cita previa para as oficinas de atención tributaria


O sistema estenderase a todos os servizos da Deputación nos vindeiros días

A Deputación habilita un servizo de cita previa para as oficinas de atención tributaria

A Deputación da Coruña habilita desde hoxe un servizo de cita previa para as 12 oficinas de atención tributaria coas que conta na provincia.

Aínda que seguirá en funcionamento a Oficina Virtual Tributaria (OVT) para facilitar os trámites en liña, a partir de hoxe a cidadanía da provincia que precise realizar trámites presenciais nas oficinas das distintas áreas tributarias pode tramitar a súa cita telemática cun sinxelo formulario a través da web https://www.dacoruna.gal/cita-previa ou do teléfono 900 132 204, onde poderá solicitar cita para os diferentes trámites de forma presencial (alta de vehículos, cambio de domiciliación, solicitude de exencións e bonificacións, declaración de plusvalía, xestión catastral...) nas seguintes oficinas, en horario de 9:00 a 14:00 horas:

A Coruña: r/ Archer M. Huntington, s/n Anexo Calvo Sotelo (15011- A Coruña)

A Coruña - Plusvalías: r/ Archer M. Huntington, 17 (15011-A Coruña)

Ames: r/ Ameneiral, 18, pt 7 (15220-Bertamirans, Ames) (aberta só os martes)

Arteixo: r/ Arsenio Iglesias Nº 46 (15142-Arteixo)

Arzúa: Padre Pardo, Edificio Multiusos s/n (15810-Arzúa) (aberta só os mércores)

Betanzos: Pintor Seijo Rubio, nº 8- local 5. (15300-Betanzos)

Corcubión: Praza de José Carrera, 1 (15130-Corcubión)

Ferrol: Rúa Naturalista López Seoane, 5 (15403-Ferrol)

Narón: Praza do Concello, s/n (15570-Narón) (aberta só os mércores)

Ordes: Rúa Nova, 23 (15680-Ordes) (aberta só os mércores)

Ortigueira: Avenida Escola de Gaitas, 39 15330 Ortigueira (aberta só os xoves)

Santiago: Rúa Fernando III O Santo, 9 (15701-Santiago de Compostela)

Ribeira: Rúa Miguel Rodríguez Bautista, 42 (15960-Ribeira) (aberta só os xoves)

Cita previa no resto dos servizos

A solicitude de cita previa estenderase nos vindeiros días aos diferentes servizos da Deputación da Coruña reabertos ao público no día de hoxe, permitindo á cidadanía realizar calquera tipo de trámite de xeito telemático ou presencial, pero garantindo sempre un aforo controlado e as máximas medidas.

Páxinas suxeridas