Estás en:Novas

A Deputación da Coruña comeza as obras de mellora da estrada DP 1002 en Boimorto

A Deputación da Coruña comeza as obras de mellora da estrada DP 1002 en Boimorto

A Deputación da Coruña comezou as obras de renovación da capa de rodaxe da estrada provincial DP 1002 da AC-234 á Gandara, no termo municipal de Boimorto, cun investimento de 72.849,54 euros.

A estrada, cuxo firme actual está deteriorado, ten un tráfico medio de 1.897 vehículos diarios, dos que algo máis do 7% son vehículos pesados.

As obras suporán a renovación completa da capa de rodaxe do vial no tramo que vai desde o PQ 0+000 ao 0+900, tras a limpeza e reparación das zonas máis deterioradas.

O saneo da capa superficial levarase a cabo nunha superficie de 2.732 metros cadrados, mentres que a dotación da nova capa de mestura bituminosa en quente de 5 cm de espesor farase nunha zona de 7.280 metros cadrados.

As obras teñen un prazo de execución de dous meses e inclúen tamén o reforzo da sinalización horizontal e vertical na zona.

Páxinas suxeridas