Estás en:Novas

“Quero Cantar” recibe as primeiras cancións que entrarán en concurso

O grupo Proxecto Nordés adiantouse na presentación da súa canción preparada na Escola municipal de música de Cee, un dos centros de ensino musical vinculados a concellos que mostraron desde o inicio interese en participar na nova iniciativa da Deputación da Coruña.

Queda aínda un mes para rematar o prazo de presentación de temas ao primeiro concurso musical infantil na nosa lingua que terán que ser remitida en formato audio ou vídeo cunha canción orixinal e inédita en galego. A condición para participar é que a voz ou voces solistas teñen que ser de nenas ou nenos de ata 12 anos de idade. O resto dos integrantes do grupo non están suxeitos ao límite de idade.

“Quero Cantar” recibe as primeiras cancións que entrarán en concurso

Unha canción do grupo "Proxecto Nordés", formado por rapazada da escola municipal de música de Cee inaugura as propostas participantes no concurso "Quero Cantar" convocado pola Deputación da Coruña. O prazo está aberto ata o próximo 15 de abril.

A música está composta por Fernando Fraga -director do grupo e da Escola municipal de música de Cee- e a letra é un poema de Diego Antonio Cernadas de Castro, "O Cura de Fruime". A canción "Antón" do grupo Proxecto Nordés, foi a primeira presentada para participar no concurso "Quero Cantar", convocado pola área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña.

O grupo Proxecto Nordés adiantouse na presentación da súa canción preparada na Escola municipal de música de Cee, un dos centros de ensino musical vinculados a concellos que mostraron desde o inicio interese en participar na nova iniciativa da Deputación da Coruña.

Queda aínda un mes para rematar o prazo de presentación de temas ao primeiro concurso musical infantil na nosa lingua que terán que ser remitida en formato audio ou video cunha canción orixinal e inédita en galego. A condición para participar é que a voz ou voces solistas teñen que ser de nenas ou nenos de ata 12 anos de idade. O resto dos integrantes do grupo non están suxeitos ao límite de idade.

A primeira clasificación realizarase por votación popular a través da páxina de facebook e as 10 primeiras formarán parte dun CD que se distribuirá polos colexios galegos e de libre descarga na páxina www.querocantar.gal. As cinco primeiras participarán na gala final no Teatro Colón da Coruña da que sairá a proposta gañadora e as finalistas.

O concurso, que é iniciativa da área de Normalización Lingüística da Deputación que ten á fronte á nacionalista Goretti Sanmartín, busca "incentivar a esa enorme cantidade de rapazas e rapaces que en toda Galicia alimentan a súa paixón pola música na nosa lingua e se forman en escolas, bandas, coros ou asociacións".

Video da canción de Proxecto Nordés:

https://www.youtube.com/watch?v=qAf6ZMsU0r8

Páxinas suxeridas