Estás en:Novas

A Deputación e o Concello de Malpica invisten 109.000 euros na instalación de alumeado no campo de fútbol de Pedra Queimada

A Deputación e o Concello de Malpica invisten 109.000 euros na instalación de alumeado no campo de fútbol de Pedra Queimada

A Deputación da Coruña e o Concello de Malpica investirán 109.309,72 euros nas obras de instalación dun novo sistema de alumeado no campo de fútbol de Pedra Queimada.

As obras, en fase de licitación ata o 16 de xuño, serán financiadas con cargo aos fondos adicionais do Plan Único (POS+2019) e suporán a instalación de catro torres de alumeado de 16 metros de altura sobre zapatas de formigón armado que garanten a máxima uniformidade de iluminación no terreo de xogo e o mínimo cegamento dos xogadores.

O alumeado será de tecnoloxía LED, con 60 proxectores de 220W (15 proxectores por torre), o que optimiza o consumo enerxético da instalación.

O novo sistema de alumeado permitirá un uso máis intensivo do campo, tanto para adestramentos como para partidos de fútbol, permitindo unha boa visibilidade incluso nas horas sen luz solar.

Páxinas suxeridas