Estás en:Novas

Ribeira estrea o seu novo viveiro de empresas

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, participou esta mañá no acto de inauguración do novo viveiro empresarial de Ribeira, ao que tamén asistiron o alcalde da localidade, Manuel Ruíz Rivas, o presidente da Cámara de Comercio de Santiago, Jesús Asorey, e o director xeral do Incyde, Javier Collado, ademais de membros da Corporación municipal e veciños da localidade.

A nova infraestrutura, que supuxo un investimento de 385.000 euros, dos que a Deputación achegou un 20% supón un exemplo de colaboración interinstitucional e un "proxecto ilusionante", segundo González Formoso, "xa que de aquí sairán proxectos empresariais maduros e consolidados que contribuirán a xerar emprego en Ribeira e en toda a comarca" do Barbanza.

Valentín González considerou que "nun momento no que as incertezas son inmensas e no que a lacra do paro afecta a tantas familias" converter o edificio que albergaba un antigo matadoiro municipal nun espazo que xerará oportunidades aos emprendedores supón "unha inxección moral" importante e manifestou o seu desexo de que o espazo do centro, que dará servizo a un total de 10 proxectos empresariais, entre en funcionamento canto antes.

Pola súa banda, o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, agradeceu ao presidente a súa presenza no acto e subliñou "a proximidade" da institución cos concellos e as súas necesidades. "Saben dos nosos problemas e saben cal é o sentir dos concellos", afirmou.

Ruiz Rivas afirmou que "a alianza entre institucións" fixo posible esta nova infraestrutura e subliñou que "o traballo vese recompensado en días como hoxe", coa inauguración dun centro destinado a "mellorar o tecido produtivo" de Ribeira e a xerar emprego.

O rexedor ribeirense apuntou que a Cámara de Comercio de Santiago encargarase de estudar, titorizar e asesorar xurídica e economicamente aos novos proxectos empresariais que alí se implanten e anunciou que o Concello conta xa con catro empresas interesadas en localizarse no viveiro, que ten capacidade para un total de 10 proxectos de emprendedores.

O presidente da Cámara de Comercio de Santiago, Jesús Asorey, entidade que vén de ser premiada por Funcas como o mellor viveiro cameral de empresas de España, afirmou que "imos facer as cousas aquí da mesma maneira" e destacou a longa traxectoria da entidade "dando apoio a iniciativas que favorecen o emprendemento".

Asorey pediu tamén "un cambio na mentalidade" da sociedade para que vexan as múltiples oportunidades que o autoemprego e o emprendemento poden xerar para saír da crise.

Pola súa banda, Javier Collado, director xeral de Incyde, fundación que integra ás 87 cámaras de comercio, que contan con 130 viveiros empresariais nos que se forxaron máis de 3.000 empresas, subliñou tamén a importancia da colaboración entre administracións para a posta en marcha deste proxecto "nun momento no que os cidadáns nos demandan traballar xuntos" e gabou a iniciativa de "devolver á sociedade un edificio ocioso" para convertelo nun instrumento "útil e eficaz" para apoiar ás PEME e a xeración de emprego.

Páxinas suxeridas