Estás en:Novas

González Formoso trázase como obxectivo “activar todos os recursos cos que conta a Deputación” para que A Coruña siga sendo “o motor económico de Galicia”

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, trazou hoxe como un dos principais obxectivos do seu goberno "activar todos os recursos cos que conta a Deputación" para que A Coruña siga sendo "o motor económico de Galicia".

"A nosa provincia é a auténtica locomotora económica do noroeste español, referencia cultural e educativa", afirmou o presidente provincial coruñés, que enumerou algunhas das accións do seu goberno encamiñadas a desenvolver o "gran potencial" co que conta o noso territorio e crear un novo escenario de oportunidades que poidan ser aproveitadas polas novas xeracións de coruñeses.

Cando se cumpren oito meses dende a súa chegada á presidencia da institución provincial coruñesa, González Formoso participou esta mañá nun almorzo informativo organizado por Nueva Economía Fórum no que fixo balance do "novo modelo de xestión" e das medidas levadas a cabo polo seu goberno nestes 240 días, "que poden ser unha nova senda pola que avanzar para que estas institucións bicentenarias se adecúen á actual realidade política, social e administrativa do noso país", e anunciou novos proxectos que se porán en marcha antes de que cumpra un ano á fronte do goberno provincial.

Valentín González foi presentado polo expresidente da Xunta de Galicia, Fernando González Laxe, que destacou que "pertence a unha nova xeración de políticos formados no ámbito municipal", polo que "é coñecedor do que pensan os cidadáns" e "sabe escoitar e dialogar", o que supón unha virtude nun tempo no que "a política non é marcar liñas roxas".

O papel das deputacións

O presidente provincial coruñés considerou que o actual debate político sobre o papel que deben xogar as deputacións "debemos formulalo como unha oportunidade, non como unha ameaza" e avogou pola necesidade dunha revisión "valente e seria" da arquitectura administrativa do Estado que mellore a eficiencia da administración e evite a duplicación de competencias.

"Estamos ante unha oportunidade para levar a cabo, ao fin, unha reflexión profunda sobre a arquitectura administrativa do Estado, unha das grandes materias pendentes dende hai moitos anos, na que as deputacións son unha peza máis, pero non a única que debe experimentar cambios, na procura dunha administración máis áxil e eficiente", afirmou o presidente provincial, que incidiu en que o obxectivo final é "unha administración ao servizo dos cidadáns e non uns cidadáns ao servizo da administración".

Formoso considerou que as deputacións "conservan anacronismos e inercias do pasado" como "o propio sistema indirecto de elección dos deputados provinciais, amplamente descoñecido e pouco adaptado á realidade social do noso país", nos que "debemos facer un esforzo importante de cambio e modernización" que debe levarse a cabo "co máximo consenso e participación de todos", co fin de "garantir a estabilidade institucional que o país precisa". Tamén avogou por centrar a acción das deputacións nos municipios de menos de 20.000 habitantes.

Activar a Deputación, activar a provincia

Valentín González subliñou que un dos principais obxectivos do goberno que preside é orientar e activar "todos e cada un dos recursos da Deputación" cara un obxectivo común: a xeración de actividade económica e emprego.

Neste sentido, debullou algunhas das iniciativas levadas a cabo polo seu goberno para favorecer a recuperación económica dos concellos e os cidadáns da provincia, entre elas o incremento ata o 95% do anticipo a conta aos 81 concellos da provincia que delegan a xestión dos seus tributos na Deputación, o que supón para estes municipios un total de 127 millóns de euros durante este ano, 6,5 millóns máis que o exercicio anterior.

O Plan de Aforro e Investimentos (PAI), dotado con 21,5 millóns e orientado á redución da débeda dos municipios; o Plan Activamos, préstamos bonificados dos que se beneficiaron máis de 3.000 PEME e 200 familias da provincia, a posibilidade de destinar o 50% do POS a soster o gasto corrente dos municipios, o incremento do ritmo investidor na área de Obras ou a redución do período medio de pago a provedores, que coloca á Deputación da Coruña como a administración que paga con máis axilidade as súas facturas, segundo o último informe anual de ATA, foron outras das medidas enumeradas polo presidente para ilustrar este apoio económico a concellos e cidadáns.

Máis de 100 millóns de euros en plans para os concellos

González Formoso subliñou que o Goberno provincial aprobou nestes oito meses "preto de 90 millóns de euros a investimentos nos concellos mediante plans con criterios obxectivos", o que considerou "unha cifra récord" para unha administración cun orzamento de 175 millóns. Uns plans que ademais contribúen a eliminar a discrecionalidade ao "obxectivar a asignación de recursos" e que ofrecen máis posibilidades de "participación" aos municipios, que poden decidir en que queren investir eses fondos.

Neste sentido, anunciou a posta en marcha nos vindeiros meses de "cinco novos plans destinados ao financiamento de investimentos medioambientais, de protección do patrimonio histórico-artístico dos nosos municipios, de apoio ás entidades sociais da provincia, de axuda ás iniciativas de colaboración intermunicipal (fusións, consorcios e mancomunidades) e de fomento do emprego" que sumarán outros 18 millóns de euros.

"En conxunto, antes de que cumpramos un ano á fronte do Goberno provincial, teremos investido máis de 100 millóns de euros de xeito equitativo entre os 93 concellos, o que esperamos que contribúa a paliar os demoledores efectos que a "Lei Montoro" está a ter sobre os nosos municipios", afirmou Valentín González, que incidiu nas restricións que esta lei supón á hora de contratar persoal ou facer investimentos produtivos "nun momento no que a xeración de actividade é clave para sacar do paro a moitas persoas, que necesitan que se poñan a funcionar todos os recursos cos que conta a administración neste campo".

Neste sentido, Formoso lembrou que "máis de 91.000 familias coruñesas viven cada día en primeira persoa o drama do paro, un problema ao que dende a Deputación non podemos nin queremos ser alleos", polo que anunciou a que considera "unha das iniciativas máis ambiciosas do presente mandato", un Plan de emprego provincial, que dotaremos cun orzamento de máis de 7 millóns de euros, multiplicando por 6 os recursos que ata agora viña destinando a Deputación da Coruña a esta materia, o que ilustra perfectamente a nosa aposta polo emprego".

Páxinas suxeridas