A Deputación da Coruña destina case medio millón de euros aos Servizos de Normalización Lingüística dos concellos
A deputada, María Muíño, lamenta a eliminación de orzamentos para a lingua galega por parte da Xunta.
Máis da metade dos concellos da provincia terán SNL a través da liña de axudas da institución.

A Deputación da Coruña destina un total de 489.707,26 € á creación e mantemento dos servizos de normalización lingüística dos concellos. Máis da metade dos municipios da provincia beneficiaranse da liña de subvencións encamiñada a crear e manter servizos para promover o uso da lingua galega. A responsábel da Área de Normalización Lingüística, María Muíño, defende o compromiso da Deputación co galego e a necesidade de fomentar o seu uso desde as institucións.
"Os concellos son as administracións máis próximas á veciñanza e, polo tanto, poden cumprir un papel esencial á hora de promover o uso do galego. Neste sentido, a Deputación da Coruña quere manter o apoio á creación dos servizos de normalización lingüística que dan apoio fundamental aos municipios no seu labor normalizador", apunta a deputada da Área de Normalización Lingüística, María Muíño.
Destaca tamén que a liña de axudas contribuirá á contratación de persoal especializado nos concellos e á creación de emprego no sector e será tamén de especial relevancia "nun momento como o que estamos a vivir en que a lingua está a ser tamén unha grande prexudicada da crise provocada pola Covid19". Neste sentido, Muíño critica que a Xunta de Galicia retirase esta mesma semana" as axudas para normalización no ensino e eliminase nos orzamentos case dous millóns de euros que tiñan que estar destinados a promover o uso do galego". A Deputación da Coruña mantén a liña de axudas prevista para a creación e mantemento de servizos de normalización lingüística da que se beneficiarán un total de 49 concellos, algúns deles presentados en mancomunidade. O BOP publica hoxe a resolución provisional da convocatoria -cinco solicitudes están pendentes de completar documentación- coa concesión dos 489.707,26 € cun máximo de 15.000 € por servizo.
Concellos
ABAÑA-NEGREIRA 15.000,00€
APOBRA DO CARAMIÑAL 15.000,00€
ABEGONDO - COIRÓS 15.000,00€
AMES 15.000,00€
ARZÚA 9.074,55€
BETANZOS 15.000,00€
BOIRO 15.000,00€
CAMBRE 15.000,00€
CARBALLO 15.000,00€
CARNOTA-MAZARICOS 15.000,00€
CARRAL 15.000,00€
CEDEIRA 15.000,00€
CULLEREDO 15.000,00€
DUMBRÍA-MUXÍA 15.000,00€
MANCOMUNIDADEDE FERROL
(ARES,CABANAS,
MUGARDOS, NEDA E VALDOVIÑO) 15.000,00€
FISTERRA 15.000,00€
MALPICA DE BERGANTIÑOS 15.000,00€
MELIDE 15.000,00€
MIÑO 15.000,00€
MUROS 15.000,00 €
NARÓN 15.000,00 €
NOIA 10.816,35€
OUTES 14.319,36€
PONTECESO 15.000,00€
PONTEDEUME 15.000,00 €
RIANXO 15.000,00€
RIBEIRA 15.000,00€
ROIS-DODRO 15.000,00€
SADA 12.500,00€
SANTA COMBA 15.000,00€
TEO 15.000,00 €
MANCOMUNIDADE DE ORDES 15.000,00€
OLEIROS 15.000,00 €
OROSO 7.997,00€
TOTAL: 489.707,26