Estás en:Novas

González Formoso aposta por “aproveitar a experiencia e o coñecemento” da UDC para o fomento de accións de apoio a emprendedores

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, apostou hoxe por "aproveitar a experiencia e o coñecemento" da Universidade da Coruña para o fomento de accións de apoio a emprendedores da provincia.

Durante unha visita ao CITIC e ao viveiro de empresas que a institución académica xestiona no Campus de Elviña, na que estivo acompañado polo reitor, Julio Abalde, o presidente provincial destacou a importancia de "ter un mundo emprendedor vinculado á universidade, co obxectivo de que esta colaboración conclúa coa transferencia de novas tecnoloxías e aplicacións á sociedade civil".

"Na Deputación, a nosa liña de traballo transversal é o emprego, o apoio ao emprendemento e a todo aquel proxecto que supoña xeración de actividade e creación de emprego na provincia", afirmou González Formoso, que apuntou a que, dentro da liña de apoio a emprendedores do Plan de Emprego que ultima o Goberno provincial, "teremos seguramente algún convenio de colaboración coa UDC para que calquera emprendedor da provincia, especialmente no ámbito tecnolóxico, poida aproveitar estas magníficas instalacións que ten a Universidade e os seus coñecementos neste tipo de proxectos".

Pola súa banda, o reitor Julio Abalde afirmou tamén que a UDC e a Deputación "estamos a ver posibles canles de colaboración", a través de unidades do parque tecnolóxico como o CITIC e o viveiro de empresas "que cremos que son importantes para o desenvolvemento de empresas dentro e fóra da Universidade".

No CITIC traballan actualmente uns 230 investigadores, que colaboran con 7 empresas alí instaladas e que desenvolven fundamentalmente proxectos relacionados coa área tecnolóxica, no que Julio Abalde definiu como "unha interacción interesante".

O centro, en funcionamento dende 2003, supón unha "simbiose do coñecemento universitario co mundo empresarial", que enriquece o desenvolvemento de numerosos proxectos en áreas como a domótica, segundo explicou o director do CITIC, Manuel González Penedo.

Por outra banda, o viveiro de empresas conta actualmente con 5 iniciativas empresariais, ás que proximamente se incorporarán dúas novas, e dúas spin-off, empresas xa consolidadas que continúan usando este espazo. Dende a súa fundación en 2004, o centro acolleu un total de 51 iniciativas emprendedoras, das que 31 chegaron a consolidarse, o que supón "unha elevada porcentaxe de éxito", segundo os seus responsables.

Páxinas suxeridas