Estás en:Novas

A Deputación colabora co Concello de Culleredo no financiamento do Centro Ocupacional “A Escada”

A Deputación colabora co Concello de Culleredo no financiamento do Centro Ocupacional “A Escada”

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Culleredo e deputado provincial, José Ramón Rioboo, asinaron hoxe o convenio de colaboración para financiar o mantemento do Centro Ocupacional "A Escada" para persoas con diversidade funcional intelectual durante o ano 2020. A Deputación contribúe con 70.000 € ao mantemento do centro que ten un total de gastos anuais de 148.130 €.

González Formoso e Rioboo coincidiron en sinalar a importancia da formación para a integración social e laboral das persoas con diversidade funcional e a promoción da igualdade de oportunidades.

O presidente da Deputación destacou que, ademáis de contribuír ao mantemento do centro, o convenio permite a reserva de cinco prazas para usuarios procedentes dos concellos da área metropolitana coruñesa. "A Escada é unha referencia social na comarca coruñesa que permite a moitas persoas con discpacidade psíquica recibir atención especializada e formación para facilitar a súa inserción laboral", afirmou.

Pola súa banda, o alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, agradeceu a longa traxectoria de colaboración da Deputación "cun centro que conta con case tres décadas de historia e do que estamos moi orgullosos, pois realiza un gran labor social".

Páxinas suxeridas