Estás en:Novas

A Deputación súmase á campaña #LuzPorlaELA

O Pazo provincial ilumínase de verde no Día Mundial da Esclerose Lateral Amiotrófica 

A Deputación súmase á campaña #LuzPorlaELA

A sede da Deputación da Coruña iluminarase de verde as noites deste sábado e domingo, sumándose á campaña #LuzPorlaELA que promove a Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica do Día Mundial desta doenza, que se conmemora o 21 de xuño.

Xunto con centos de edificios e monumentos de toda España, as fachadas do Pazo Provincial coruñés e o Teatro Colón iluminaranse de verde para mostrar apoio da Deputación ás persoas afectadas por ELA e axudar a visibilizar a enfermidade, concienciando á sociedade das dificultades que esta implica no día a día dos afectados e afectadas por esta doenza neuromuscular dexenerativa e da necesidade de impulsar a investigación.