Estás en:Novas

O Plan único da Deputación financia con 439.153 euros a mellora de 31 camiños e estradas municipais en Touro

As obras renovarán o firme de boa parte do viario municipal

O Plan único da Deputación financia con 439.153 euros a mellora de 31 camiños e estradas municipais en Touro

A Deputación da Coruña destina 439.153 euros á mellora de diversos camiños e estradas municipais no termo municipal de Touro

As obras, un total de sete proxectos que veñen de saír a licitación pública na Plataforma de Contratación do Estado, serán financiadas integramente con cargo aos fondos adicionais do Plan único (POS+2019). As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas até o vindeiro 14 de xullo.

Os traballos permitirán renovar os seguintes camiños e estradas rurais de titularidade municipal: Viario de Subres a Mane, estrada de Sartés a Monte (Calvos de Socamiño), viario de Marzá á DP 0605, estradas en Eirexe (Foxás), camiños de Sangudeño á Igrexa de Santiago de Prevediños e de Sangudeño á AC-240, viario de Loxo a Arinteiro, de Tribas a Arinteiro e Xesteira Vella, mellora de camiños en Vilar e acceso a Peixón, camiños de Loureiros, melloras do firme de Oca de Abaixo, renovación do campo da festa de Beseño e a pista do Forte, camiño e de Circes e Carballiño , entre outros.