A Deputación da Coruña adxudica o Plan de Conservación de Vías Provinciais 2020 por 5,4 millóns de euros
O programa contempla a execución de traballos de mantemento, reparación de firme e pavimentación nos 2.100 quilómetros da rede provincial de estradas

A Deputación da Coruña completou o proceso de adxudicación das obras do Plan de Conservación de Vías Provinciais para o ano 2020. O investimento total nos 36 grupos e cinco zonas nas que se divide a provincia alcanzará este ano os 5.421.552,02 euros.
O programa contempla a execución de traballos de mantemento, reparación do firme e pavimentación ao longo do ano nos 2.100 quilómetros de estradas cos que conta a rede viaria da Deputación. Todas estas actuacións están destinadas a mellorar as condicións de circulación, aumentar a seguridade viaria e reducir a sinistralidade nas estradas da provincia
Ademais do Plan de Conservación, o servizo de Vías e Obras da Deputación conta con outro programa destinado exclusivamente á roza e limpeza das marxes das estradas provinciais. Dende 2017, as rozas das estradas provinciais son obxecto dun contrato independente do Plan de Conservación, co obxectivo de mellorar e axilizar este servizo no que se inclúe a limpeza das marxes de todas as estradas varias veces ao ano, para mellorar a visibilidade da circulación, evitar a propagación de incendios e facilitar a drenaxe de augas pluviais.
O orzamento dos programas de Conservación e de rozas das estradas provinciais suman un investimento duns 4.000 euros anuais por quilómetro para manter nas mellores condicións as estradas a provincia.
Plan de Conservación de Estradas 2020
PLAN DE CONSERVACIÓN DE VÍAS PROVINCIAIS 2020 ZONA A | |
OBRA | PRESUPOSTO DE ADXUDICACIÓN |
GRUPO 1A: ORTIGUEIRA | 107.231,71 € |
GRUPO 1B: CARIÑO | 105.531,13 € |
GRUPO 2: MAÑÓN E AS PONTES | 158.814,00 € |
GRUPO 3: CEDEIRA, CERDIDO E VALDOVIÑO | 126.321,00 € |
GRUPO 4: FERROL E NARÓN | 219.310,55 € |
GRUPO 5: MOECHE, SAN SADURNIÑO E AS SOMOZAS | 203.221,00 € |
GRUPO 6: ARES, FENE, MUGARDOS E NEDA | 162.121,00 € |
| 1.082.550,39 € |
PLAN DE CONSERVACIÓN DE VÍAS PROVINCIAIS 2020. ZONA B | |
OBRA | PRESUPOSTO DE ADXUDICACIÓN |
GRUPO 7: CABANAS, MIÑO, PADERNE E PONTEDEUME | 177.516,39 € |
GRUPO 8: IRIXOA,MONFERO E VILARMAIOR | 181.745,63 € |
GRUPO 12: ARANGA, BETANZOS, COIRÓS, CURTIS E OZA-CESURAS | 216.962,68 € |
GRUPO 13 B: BOIMORTO, MESÍA E VILASANTAR | 164.196,17 € |
GRUPO 14: MELIDE, SANTISO, SOBRADO E TOQUES | 104.045,95 € |
GRUPO 15: ARZÚA, BOQUEIXÓN, O PINO E TOURO | 109.303,01 € |
| 953.769,83 € |
PLAN DE CONSERVACIÓN DE VÍAS PROVINCIAIS 2020. ZONA C | |
OBRA | PRESUPOSTO DE ADXUDICACIÓN |
GRUPO 9: OLEIROS E SADA | 219.684,26 € |
GRUPO 10: CAMBRE, BERGONDO E BETANZOS | 241.873,68 € |
GRUPO 11: ABEGONDO, CARRAL E OZA-CESURAS | 155.571,26 € |
GRUPO 13A: FRADES, OROSO, ORDES E O PINO | 90.838,40 € |
GRUPO 16: ARTEIXO, A CORUÑA E CULLEREDO | 312.622,87 € |
| 1.020.590,47 € |
PLAN DE CONSERVACIÓN DE VÍAS PROVINCIAIS 2020. ZONA D | |
OBRA | PRESUPOSTO DE ADXUDICACIÓN |
GRUPO 17: CARBALLO, CERCEDA E A LARACHA | 217.603,57 € |
GRUPO 18: CABANA, MALPICA E PONTECESO | 195.568,57 € |
GRUPO 21: AMES, A BAÑA, NEGREIRA E VAL DO DUBRA | 167.501,10 € |
GRUPO 22: ORDES, SANTIAGO, TORDOIA, TRAZO E VAL DO DUBRA | 147.880,03 € |
GRUPO 25: BRIÓN, DODRO, PADRÓN E ROIS | 188.097,89 € |
GRUPO 26: AMES, SANTIAGO, TEO E VEDRA | 149.333,00 € |
GRUPO 34: DP 1914 CARBALLO A PORTOMOURO | 152.394,38 € |
GRUPO 35: CORISTANCO, SANTA COMBA E ZAS | 137.423,33 € |
| 1.355.801,87 € |
PLAN DE CONSERVACIÓN DE VÍAS PROVINCIAIS 2020. ZONA E | |
OBRA | PRESUPOSTO DE ADXUDICACIÓN |
GRUPO 19: CAMARIÑAS, LAXE, MUXÍA E VIMIANZO | 100.956,40 € |
GRUPO 20: CEE, CORCUBIÓN, DUMBRÍA E MAZARICOS | 106.040,29 € |
GRUPO 23: MAZARICOS, MUROS E OUTES | 101.965,89 € |
GRUPO 24: BOIRO, LOUSAME E NOIA | 164.660,43 € |
GRUPO 27: BOIRO E RIANXO | 143.610,02 € |
GRUPO 28: A POBRA DO CARAMIÑAL, PORTO DO SON E RIBEIRA | 295.285,59 € |
GRUPO 36: DP-3404, A SERRA DE OUTES A DUMBRÍA | 96.320,84 € |
| 1.008.839,46 € |
Total adxudicación Plan de Conservación 2020: 5.421.552,02 euros