Estás en:Novas

A Asociación de Concellos do Camiño Inglés promociona a ruta como "camiño seguro" despois do coronavirus

O acto de apertura celebrarase este sábado na ponte de Sigüeiro

A Asociación de Concellos do Camiño Inglés promociona a ruta como

Os concellos da Asociación do Camiño Inglés daranse cita mañá sábado día 4 nun acto que será o arranque da reactivación da peregrinación por unha ruta que se abre como "camiño seguro" despois do coronavirus. O acto de inauguración terá lugar na ponte de Sigüeiro. No mesmo que participará o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, o deputado provincial Antonio Leira e os alcaldes de Oroso, Manuel Mirás e Santiago, Xosé Sánchez Bugallo ademais do conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez e a comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira.

A ponte de Sigüeiro será o lugar do inicio dunha ruta que inaugurará o "camiño seguro" despois do coronavirus cun acto de saída que terá lugar este sábado día 4 de xullo ás 9.30 horas.

Despois do acto de apertura no que participarán o vicepresidente e deputado de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, ademais dos alcaldes de Oroso e Santiago, Manuel Mirás e Xosé Sánchez Bugallo, o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez e a comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, na emblemática ponte de mais de oito séculos polo que pasa o traxecto xacobeo, iniciarase a ruta con saída múltiple co obxectivo de intentar promocionar un Camiño que o pasado 2019 foi o que experimentou un maior crecemento, cun 11% máis de visitantes con respecto ao ano anterior.

"Imos andar, pero tamén imos gozar dun entorno seguro para todos", declarou Manuel Mirás, que preside a organización convocante, a Asociación de Concellos do Camiño Inglés. O Camiño Inglés trátase dunha rut bicéfala, cunha saída da Coruña e outra en Ferrol, encontrándose na aldea das Travesas (Carral), un pouco antes do albergue de Bruma (Mesía).

O lema escollido para o acto de promoción é "Camiño Inglés Seguro", xa que, en palabras do presidente da entidade, Manuel Mirás, "o que interesa por riba de todo a é seguridade tanto dos peregrinos como dos cidadáns que viven a carón desa ruta xacobea".

Ás nove e media do sábado 4 haberá un acto protocolario de apertura do Camiño na ponte medieval de Sigüeiro, que une os concellos de Oroso co de Santiago.

O vicepresidente da Deputación da Coruña Xosé Regueira destaca pola súa parte que "a seguridade e o cumprimento dos protocolos vai ser unha das garantías para recuperar os visitantes dunha ruta que é fundamental para os concellos que atravesa".

O Camiño Inglés inicia así a súa andaina tras o estado de alarma con esa camiñada promocional dos 18 concellos que o conforman. Son dúas as variantes que transcorren integramente pola provincia de A Coruña; desde Ferrol pasando por Narón, Neda, Fene, Cabanas, Pontedeume, Miño, Paderne, Betanzos, Abegondo, Carral, Mesía, Ordes, Oroso e Santiago de Compostela. A variante de A Coruña, comeza pola cidade herculina, pasando por Culleredo, Cambre, Carral, Abegondo e Mesía, uníndose aí co itinerario de Ferrol.

Páxinas suxeridas