Estás en:Novas

O DEPUTADO PROVINCIAL DE COMPOSTELA ABERTA, MANUEL DIOS, DEVOLVERÁ Á DEPUTACIÓN OS PASES VIP PARA A COPA DO REI DE BALONCESTO

A Deputación da Coruña recibiu da organización do evento unha serie de abonos preferentes como compensación polos máis de 600.000 € de fondos públicos que o ente provincial achega para financiar a celebración desta competición deportiva. Estas entradas, con acceso a zona VIP restrinxida e dereito a cátering, foron repartidas entre os grupos políticos provinciais. Dios propuxo en dúas ocasións aos demais membros da Deputación que estas entradas foran obxecto dun sorteo público e aberto a toda a cidadanía, proposta que non foi aceptada.

O DEPUTADO PROVINCIAL DE COMPOSTELA ABERTA, MANUEL DIOS, DEVOLVERÁ Á DEPUTACIÓN OS PASES VIP PARA A COPA DO REI DE BALONCESTO

O deputado provincial de Compostela Aberta, Manuel Dios, anunciou hoxe a súa intención de devolver á Deputación Provincial o pase VIP para os catro días da final da Copa do Rei de Baloncesto que se desputa desde hoxe na cidade da Coruña, e na cal participa o Obradoiro.

A Deputación da Coruña recibiu da organización do evento unha serie de abonos preferentes como compensación polos máis de 600.000 € de fondos públicos que o ente provincial achega para financiar a celebración desta competición deportiva. Estas entradas, con acceso a zona VIP restrinxida e dereito a cátering, foron repartidas entre os grupos políticos provinciais, correspondéndolle unha a Compostela Aberta, da cal se fixo entrega o pasado martes á tarde.

Segundo explicou Manuel Dios, en coherencia cos seus valores persoais e co Código Ético de Compostela Aberta, decidiu renunciar a este e a calquera outro agasallo ou privilexio que se lle ofreza pola súa condición de cargo electo e que poida significar un trato de favor, como é o caso.

Dios informará ao presidente do ente provincial, Valentín González Formoso, da súa decisión a través dunha carta explicativa que irá acompañada dos abonos. Nela lembrará tamén que, tras coñecer a existencia destas entradas, propuxo en dúas ocasións aos demais membros da Deputación que estas entradas foran obxecto dun sorteo público e aberto a toda a cidadanía, proposta que non foi aceptada.