Estás en:Novas

A DEPUTACIÓN PROVINCIAL CONDENA O GOLPE DE ESTADO E A DITADURA DE FRANCO A PROPOSTA DE COMPOSTELA ABERTA E MAREA ATLÁNTICA

O Pleno da Deputación Provincial da Coruña aprobou hoxe unha moción de Compostela Aberta e Marea Atlántica con motivo do oitenta aniversario do inicio da Guerra Civil Española. A través dela, o ente provincial expresa a súa condena e rexeitamento, sen paliativos, do Golpe de Estado e da ditadura franquista.

A Deputación acordou tamén tributar homenaxe a todas as persoas que formaban, en 1936, parte das corporacións locais e que foron fusiladas ou paseadas, personalizando este tributo, entre outras persoas, no presidente provincial López Bouza e nos rexedores de Santiago e Ferrol, Ánxel Casal e Xaime Quintanilla. Ao tempo, anima aos concellos da provincia a recuperar a súa memoria democrática, lembrando a cargos electos, funcionarios, mestres e demais cidadáns e cidadás que sufriron represalias polas súas ideas.

A moción aprobada insta ao Goberno do Estado a establecer unha Comisión da Verdade independente, en cumprimento das recomendacións da ONU, así como asumir as súas obrigas no referido ao dereito á verdade, e á reparación ás vítimas.

Por último, ínstase ao Ministerio e á Consellería de Educación a revisar os currículos escolares no relativo á Segunda República, a Guerra Civil e o franquismo, para que o alumnado tome conciencia dos valores democráticos e sociais xurdidos durante os anos 30 e as terribles consecuencias que esta guerra tivo para Galicia.

A moción de Compostela Aberta e Marea Atlántica contou co respaldo de PSOE, BNG e Alternativa dos Veciños, mentres que o Partido Popular abstívose nesta moción que buscaba a condena explícita da ditadura franquista.