Máis de corenta concellos contarán con servizo de normalización lingüística a través da liña de axudas da Deputación da Coruña
A institución destina case medio millón de euros ás subvencións para o apoio á acción municipal de promoción da lingua

Máis de corenta concellos da provincia beneficiaranse da liña de apoio á creación e mantemento dos servizos de normalización lingüística á que a Deputación da Coruña destina un total de 459.707,26 €. A responsábel da área de Normalización Lingüística, María Muíño, defende o compromiso da Deputación co galego e a necesidade de fomentar o seu uso desde as institucións.
"Os concellos son as administracións máis próximas á veciñanza e, polo tanto, poden cumprir un papel esencial á hora de promover o uso do galego. Neste sentido, a Deputación da Coruña mantén o apoio á creación dos servizos de normalización lingüística que dan apoio fundamental aos municipios no seu labor normalizador", apunta a deputada da área de Normalización Lingüística, María Muíño.
Neste sentido, a liña de axudas contribúe á contratación de persoal especializado nos concellos e á creación de emprego no sector e será tamén de especial relevancia "nun momento como o que estamos a vivir en que a lingua está a ser tamén unha grande prexudicada da crise provocada pola Covid19".
O BOP publica hoxe a resolución definitiva da convocatoria coa concesión dos 459.707,26 € cun máximo de 15.000 € por servizo.
Concellos
A BAÑA-NEGREIRA 15.000,00 €
A POBRA DO CARAMIÑAL 15.000,00 €
ABEGONDO - COIRÓS 15.000,00 €
AMES 15.000,00 €
ARZÚA 9.074,55 €
BETANZOS 15.000,00 €
BOIRO 15.000,00 €
CAMBRE 15.000,00 €
CARBALLO 15.000,00 €
CARNOTA-MAZARICOS 15.000,00 €
CARRAL 15.000,00 €
CEDEIRA 15.000,00 €
CULLEREDO 15.000,00 €
DUMBRÍA -MUXÍA 15.000,00 €
FISTERRA 15.000,00 €
MELIDE 15.000,00 €
MIÑO 15.000,00 €
MUROS 15.000,00 €
NARÓN 15.000,00 €
NOIA 10.816,35 €
OUTES 14.319,36 €
PONTECESO 15.000,00 €
PONTEDEUME 15.000,00 €
RIANXO 15.000,00 €
RIBEIRA 15.000,00 €
ROIS - DODRO 15.000,00 €
SADA 12.500,00 €
SANTA COMBA 15.000,00 €
TEO 15.000,00 €
MANCOMUNIDADE DE ORDES 15.000,00 €
OLEIROS 15.000,00 €
OROSO 7.997,00 €
TOTAL: 459.707,26