Estás en:Novas

Cerdido inviste 62.000 euros do Plan único na instalación dunha depuradora en Abruñeiros (A Barqueira)

Cerdido inviste 62.000 euros do Plan único na instalación dunha depuradora en Abruñeiros (A Barqueira)

O Concello de Cerdido investirá 62.359,98 euros dos fondos adicionais do Plan único (POS+2019) na instalación dunha EDAR en Abruñeiros (A Barqueira), que repercutirá nunha mellora da calidade ambiental da zona. As obras, financiadas integramente pola Deputación da Coruña, están en fase de licitación pública na Plataforma de Contratación do Estado ata o 2 de agosto.

As obras permitirán dotar a zona dunha depuradora con decantador/dixestor e leito bacteriano e con capacidade para depurar a carga contaminante correspondente a 200 habitantes. Contémplase así mesmo a canalización de 92 metros de tubo de PVC e a  execución de tres pozos de rexistro para conectar a rede de saneamento coa estación depuradora.

O POS+ ofrécelles aos concellos total autonomía á hora de decidir en que investir os fondos que lles achega a Deputación, permitíndolles financiar tanto este tipo de subministracións coma obras de construción e mellora de infraestruturas municipais, pago de débeda, gasto corrente, etc.

Páxinas suxeridas