Estás en:Novas

A Deputación colabora no financiamento do programa de Fisioterapia da Asociación Parkinson Galicia

A deputada de Benestar Social, Ana Lamas, reunise coa Asociación de Parkinson para coñecer as necesidades da entidade tras a Covid-19

A Deputación colabora no financiamento do programa de Fisioterapia da Asociación Parkinson Galicia

A deputada responsable da Área de Benestar Social, Ana Lamas, reuniuse na sede da institución provincial co presidente da Asociación Parkinson Galicia, Antonio Ferreiro.

Ana Lamas destacou o importante traballo que desenvolven os traballadores e voluntarios que colaboran coa entidade, creada en 1996, para mellorar a calidade de vida dos enfermos de Parkinson e das súas familias e interesouse pola situación e necesidades actuais da entidade tras a Covid-19.

O presidente da entidade agradeceu o apoio da Deputación, que dende hai anos financia algúns programas esenciais que Parkinson Galicia presta ás persoas que sofren a enfermidade, coma o servizo de Fisioterapia, que axuda a mellorar o estado físico destas persoas e atrasa a evolución de trastornos motores, permitindo unha maior autonomía e independencias para realizar as actividades da vida diaria.

A entidade ofrece ademáis outros moitos servizos coma logopedia, psicoloxía, estimulación cognitiva, talleres de escritura ou hidroterapia, segundo explicou Ferreiro, que explicou as dificultades que a pandemia introduce á hora de prestar determinados servizos ou organizar actos cos que a asociación se autofinancia para poder mantelos.

Páxinas suxeridas