Estás en:Novas

Valentín González Formoso afirma que emprego e servizos sociais son “prioridades absolutas” dos investimentos da Deputación en Ortegal

O presidente da Deputación reuniuse hoxe en Ortigueira cos alcaldes e alcaldesas da comarca para avaliar o alcance das medidas implementadas tras a Covid19 e analizar as novas necesidades

Formoso anuncia que a Deputación presentará mañá as bases do Fondo de Reactivación Económica e Social da Provincia, dotado con 10 millóns de euros en axudas para autónomos e microempresas.

A Deputación xa investiu máis de 3,2 millóns nos seis concellos da comarca para contrarrestar os efectos da crise

Valentín González Formoso afirma que emprego e servizos sociais son “prioridades absolutas” dos investimentos da Deputación en Ortegal

Estimular a creación de emprego, axudar a reactivar a economía e reforzar os servizos sociais municipais serán as "prioridades absolutas" dos investimentos da Deputación da Coruña tras a Covid19.
Así o anunciou o presidente, Valentín González Formoso, durante a reunión que hoxe mantivo en Ortigueira cos alcaldes e alcaldesas da comarca do Ortegal para avaliar o alcance das medidas implementadas polo goberno provincial para apoiar os concellos durante a crise da Covid19.
Ademais do anfitrión, Juan Penabad Muras, no encontro participaron os rexedores/as de Cedeira, Pablo Moreda; Cariño, José Miguel Alonso Pumar; Cerdido, Benigno Galego; Moeche, Beatriz Bascoy e Mañón, Alfonso Balseiro.
González Formoso recoñeceu o labor do mundo municipal durante "uns meses difíciles nos que os concellos, ás veces case sen medios, centraron os seus esforzos en atender as necesidades da veciñanza" , así como a de numerosos colectivos coma camioneiros, sanitarios, protección civil ou traballadores dos supermercados "aos que hai que recoñecerlles o seu esforzo", pois tiveron "un papel fundamental" para que o país seguira funcionando.

Pola súa banda, o alcalde de Ortigueira, Juan Penabad, agradeceu a colaboración da Deputación "que estivo ao carón dos municipios do Ortegal durante a crise sanitaria", tanto subministrando material de protección, coma as máscaras cando escaseaban, coma prestando apoio económico para programas de vital importancia para os concellos e para unha reactivación económica que será clave para o futuro do país.
Un Plan de reactivación de 10 millóns de euros para autónomos e PEME
Na reunión, González Formoso repasou as numerosas medidas implementadas pola Deputación para axudar os municipios na saída da crise e escoitou as propostas dos alcaldes e alcaldesas, moitos dos cales expresaron a súa preocupación polas consecuencias económicas e laborais que carreará a pandemia para moitas familias e empresas.
Neste sentido, o presidente da Deputación da Coruña explicou que, tras un proceso de restruturación a fondo dos orzamentos de 2020 para adaptalos á realidade poscovid, o seu goberno terá a reactivación económica e a potenciación dos servizos sociais como principais prioridades.
Formoso anunciou que a Deputación acollerá mañá venres a presentación do Fondo de Reactivación Económica e Social da Provincia da Coruña, unha liña extraordinaria do PEL dotada c
on 10 millóns de euros que ten como obxectivo apoiar autónomas e autónomos e microempresas máis afectadas pola crise da Covid19. Nos seis concellos que conforman a comarca de Ortegal, as axudas superarán os 377.000 euros.
O presidente afirmou que o goberno provincial dará a coñecer mañá as bases do novo plan, que se desenvolverá en colaboración cos concellos da provincia menores de 50.000 habitantes e que suporá na práctica duplicar os 10 millóns que a Deputación inviste cada ano en materia de emprego "para chegar ao maior número posible de autónomos afectados pola crise" 3,2 millóns para apoiar os municipios d
e Ortegal, Valentín González explicou que as achegas da Deputación durante estes meses supuxeron unha inxección económica de máis de 3,2 millóns de euros para os municipios de Ortegal. Entre elas destaca o Plan único, con máis de 2,4 millóns aprobados para a zona, que lles permiten aos concellos afrontar gastos esenciais e acometer obras que axudan a reactivar a economía.
A rehabilitación da biblioteca municipal Juan Fernández Latorre de Ortigueira, a reforma e construción dunha pérgola na praza de Galicia de Cedeira, a ampliación da rede de abastecemento de auga en Casavella (Cerdido), a construción de novos parques infantís e biosaudables no porto de Bares (Mañón) ou a creación dun parque en Feás (Cariño) son algunhas das infraestruturas públicas que se construirán cos fondos do POS+2020.

 

PRINCIPAIS INVESTIMENTOS NA COMARCA DE ORTEGAL

 

POS+2020

POS+2020

ADICIONAL-1

GASTO SOCIAL COVID 19

PEL

CONCELLOS

EMPREGOS

PEL

INVESTIMENTO

SERVIZOS SOCIAIS

COMUNITARIOS

 

TOTAL

CEDEIRA

459.976,79

146.179,06

38.981,08

4

43.000,00

77.046,04

765.182,97 

CARIÑO

171.199,23

94.411,65

25.176,44

3

34.000,00

114.164,00

438.951,32 

CERDIDO

130.181,32

71.791,17

19.144,31

3

22.000,00

16.452,00

259.568,80 

MOECHE

136.884,51

75.487,78

20.130,07

2

19.000,00

31.992,00

283.494,36 

ORTIGUEIRA

470.416,37

259.420,79

69.178,88

9

40.000,00

101.544,00

940.560,04 

MAÑÓN

322.619,01

102.527,23

27.340,59

5

22.000,00

72.564,00

547.050,83 

 

1.691.277,23  

749.817,68 

199.951,37  

26

180.000,00 

413.762,04 

3.234.808,32  


Como novidade principal deste ano, o POS+ incluíu unha partida de 4 millóns de euros procedentes de superávit para que os concellos puideran afrontar os gastos sociais extraordinarios derivados da Covid19, dos que 200.000 se destinaron aos municipios da Costa da Morte.
Os investimentos provinciais supuxeron tamén un apoio importante para os concellos no ámbito social e do emprego con programas coma o de servizos sociais comunitarios, que destinou 413.762 euros para reforzar os servizos sociais e de axuda no fogar dos concellos de Ortegal "cando son máis necesarios ca nunca", ou o PEL-Concellos que, cun investimento de 180.000 euros na zona, crea este ano 26 empregos directos para persoas con especiais dificultades de inserción laboral, co obxectivo de mellorar os servizos públicos.

Páxinas suxeridas