Estás en:Novas

A Biblioteca e a Área de Turismo da Deputación da Coruña lanzan o concurso "Hoxe escribo en"

O obxectivo é promocionar o territorio a través da creación literaria

A Biblioteca e a Área de Turismo da Deputación da Coruña lanzan o concurso

A Biblioteca Provincial da Coruña e a Área de Turismo da Deputación da Coruña animan á creación literaria no territorio co concurso "Hoxe escribo en". O obxectivo é premiar a creatividade e promocionar os recursos turísticos dos concellos.

Visitar os distintos concellos da Coruña a través da escrita literaria é o obxectivo do concurso "Hoxe escribo en" que convoca a Biblioteca Provincial xunto coa Área de Turismo da Deputación da Coruña.

As persoas participantes terán que redactar un relato ambientado ou referido ao concello no que viven que pode estar relacionado coa historia local, cunha lenda, cunha tradición, cun persoeiro destacado ou mesmo cos recursos naturais, culturais ou medioambientais do territorio que convide a animar a visitalo.

O premio será unha noite para dúas persoas con cea, almorzo e acceso ao spa no recentemente inaugurado Parador de Muxía e, ademais, sortearanse lotes de libros e outros produtos entre as persoas que manden os seus relatos. Para participar é necesario enviar un texto entre catro e dez folios, acompañados dun máximo de 3 fotografías a biblioteca.info@dacoruna.gal.

O prazo remata o 31 de agosto e o xurado reunirase no mes de setembro. Máis información en: http://deputaciondacoruna.tubiblioweb.com/wp-content/uploads/sites/2/2020/07/hoxeescriboen-tr%C3%ADptico-2020-1.pdf 

Páxinas suxeridas