Estás en:Novas

A Deputación crea un plan de reactivación de 10 millóns de euros para autónomos e microempresas da provincia

González Formoso presentou hoxe o programa PEL-Reactiva, que este ano suporá duplicar o investimento da Deputación en emprego

PEL- Reactiva desenvolverase en colaboración cos concellos de menos de 50.000 habitantes e suporá axudas de entre 1.500 e 3.000 euros para autónomos e microempresas

A Deputación crea un plan de reactivación de 10 millóns de euros para autónomos e microempresas da provincia

A Deputación da Coruña investirá 10 millóns de euros no programa PEL-Reactiva, unha nova liña do Plan de emprego local destinada a apoiar os autónomos e microempresas da provincia, un dos sectores máis afectados pola pandemia da Covid-19.

A creación do PEL- Reactiva "suporá duplicar o investimento que a Deputación realizará en materia de emprego este ano", segundo explicou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, que hoxe presentou o novo plan xunto aos deputados responsables das área de Emprego e Contratación da institución provincial, José Ramón Rioboo e Xosé Lois Penas.

González Formoso explicou que cando chegou á presidencia do goberno provincial en 2015, o investimento da Deputación en emprego era de 1,3 millóns de euros anuais, unha cifra que se incrementou a 10 millóns anuais coa creación do PEL e que este ano subirá ata os 20 millóns de euros con este novo programa "destinado a paliar os efectos colaterais que a crise sanitaria está a ter no ámbito económico e que pon en risco o tecido produtivo dun país coma o noso, moi baseado na microempresa", afirmou.

O presidente da Deputación sostivo que pór en marcha o plan "non foi nada fácil" pola falta "dunha coordinación coa Xunta de Galicia, que non fomos capaces de conseguir" e, especialmente, "polas limitacións e restricións que a Lei Montoro lle impón ás administracións locais para poder usar os seus aforros procedentes de remanentes e superávit.

Neste sentido, o presidente denunciou "o sándwich de inxustiza" que supón non poder usar os aforros das administracións locais saneadas economicamente para unha cuestión tan importante coma a reactivación económica e, ao mesmo tempo, ter que pagarlles aos bancos por manter eses fondos públicos nas súas contas correntes, "á Deputación cústalle arredor de 400.000 euros ao ano", afirmou.

Valentín González subliñou tamén o "carácter obxectivo" do reparto de fondos, que se basea no número de autónomos e microempresas de cada municipio e que na provincia coruñesa superan os 83.000, aínda que puntualizou que só se poderán beneficiar das axudas aqueles que demostren perdas importantes durante a pandemia.

Colaboración fundamental dos concellos

O deputado responsable da área de Emprego, José Ramón Rioboo, explicou os detalles do programa PEL-Reactiva, que estará destinado a todos os concellos da provincia menores de 50.000 habitantes e cuxa colaboración será "fundamental" no seu desenvolvemento, pois os municipios que desexen adherirse ao programa cofinanciarán o 20% deste con fondos propios. Sumando as achegas municipais, o investimento total pode incrementarse ata os 12 millóns de euros.

"Este era un programa moi demandado polos concellos que tiñan dificultades para elaborar as bases, pór en marcha e fiscalizar axudas deste tipo", afirmou Rioboo, que explicou que as axudas estarán destinadas a autónomos ou microempresas de ata 9 empregados que viran reducidos polo menos nun 75% os seus ingresos durante a crise da Covid. As axudas oscilarán entre os 1.500 euros para os autónomos sen traballadores ao seu cargo e os 3.000 euros para as empresas de ata 9 empregados,

Os fondos poden ser destinados, entre outras cuestións, a gastos de adaptación e acondicionamento dos negocios á nova realidade derivada da Covid-19, compra e instalación de mamparas, adquisición de produtos de limpeza e protección, así como a gastos correntes. Unha vez aprobadas as bases e publicadas no BOP, os concellos terán de prazo ata o 9 de outubro para adherirse a este programa.

Pola súa banda, o deputado responsable da Área de Contratación, Xosé Lois Penas, explicou o longo proceso para a elaboración do plan, adaptando uns orzamentos que xa estaban en execución a unha realidade na que debía priorizarse a reactivación económica e agradeceu "a colaboración de todas as áreas da Deputación que participaron na posta en marcha" do PEL-Reactiva.

"Era o momento de estar á altura das circunstancias e na Deputación facémolo con empatía e solidariedade", afirmou o deputado.

COMARCA DA CORUÑA

CONCELLO

AXUDA DA DEPUTACIÓN   (80%)

ACHEGA MUNICIPAL  (20%)

TOTAL                  (IMPORTE A XUSTIFICAR)

Abegodo

69.769,70 €

17.442,43 €

87.212,13 €

Aranga

21.183,56 €

5.295,89 €

26.479,45 €

Arteixo

443.688,66 €

110.922,16 €

554.610,82 €

Bergondo

158.585,17 €

39.646,29 €

198.231,46 €

Betanzos

244.096,78 €

61.024,20 €

305.120,98 €

Cambre

342.435,14 €

85.608,78 €

428.043,92 €

Carral

90.370,23 €

22.592,56 €

112.962,78 €

Coirós

22.932,66 €

5.733,16 €

28.665,82 €

A  Coruña

0

0

0

Culleredo

398.212,03 €

99.553,01 €

497.765,04 €

Curtis

78.126,52 €

19.531,63 €

97.658,15 €

Irixoa

13.409,78 €

3.352,44 €

16.762,22 €

Miño

85.511,61 €

21.377,90 €

106.889,52 €

Oleiros

468.176,08 €

117.044,02 €

585.220,10 €

Oza-Cesuras

55.776,89 €

13.944,22 €

69.721,12 €

Paderne

26.430,86 €

6.607,72 €

33.038,58 €

Sada

226.411,43 €

56.602,86 €

283.014,28 €

Sobrado

23.127,00 €

5.781,75 €

28.908,76 €

Vilasantar

14.187,15 €

3.546,79 €

17.733,94 €

TOTAL

2.782.431,25 €

695.607,81 €

3.478.039,07 €




COMARCA DE FERROLTERRA-ORTEGAL

CONCELLO

AXUDA DA DEPUTACIÓN   (80%)

 MUNICIPAL (20%)

TOTAL                (IMPORTE A XUSTIFICAR)

Ares

57.720,34 €

14.430,08 € 

72.150,42 € 

Cabanas

46.642,70 €

11.660,67 € 

58.303,37 € 

Cariño

52.473,03 €

13.118,26 € 

65.591,29 € 

A Capela

12.049,36 €

3.012,34 € 

15.061,70 € 

Cedeira

110.193,37 €

27.548,34 € 

137.741,72 € 

Cerdido

14.187,15 €

3.546,79 € 

17.733,94 € 

Fene

135.846,86 €

33.961,71 € 

169.808,57 € 

Ferrol

0

0

0

Mañón

14.381,50 €

3.595,37 € 

17.976,87 € 

Moeche

18.074,05 €

4.518,51 € 

22.592,56 € 

Monfero

22.543,97 €

5.635,99 € 

28.179,96 € 

Mugardos

51.306,97 €

12.826,74 € 

64.133,71 € 

Narón

457.292,78 €

114.323,20 € 

571.615,98 € 

Neda

53.639,10 €

13.409,78 € 

67.048,88 € 

Ortigueira

93.091,05 €

23.272,76 € 

116.363,81 € 

Pontedeume

110.193,37 €

27.548,34 € 

137.741,72 € 

AS Pontes

148.479,25 €

37.119,81 € 

185.599,07 € 

San Sadurniño

29.346,03 €

7.336,51 € 

36.682,54 € 

As Somozas

13.798,46 €

3.449,62 € 

17.248,08 €

Valdoviño

68.797,98 €

17.199,49 € 

85.997,47 €

Vilarmaior

11.466,33 €

2.866,58 € 

14.332,91 €

TOTAL

1.521.523,65 €

380.380,89 €

1.901.904,57 €



COMARCA DE SANTIAGO

CONCELLO

AXUDA DA DEPUTACIÓN   (80%)

ACHEGA MUNICIPAL (20%)

TOTAL                      (IMPORTE A XUSTIFICAR)

Ames

466.038,29 €

116.509,57 € 

582.547,86 € 

Arzúa

101.059,18 €

25.264,79 € 

126.323,97 € 

A Baña

30.317,75 €

7.579,44 € 

37.897,19 € 

Boimorto

22.932,66 €

5.733,16 € 

28.665,82 € 

Boqueixón

61.607,23 €

15.401,81 € 

77.009,04 € 

Brión

76.571,76 €

19.142,94 € 

95.714,70 € 

Dodro

27.596,93 €

6.899,23 € 

34.496,16 € 

Frades

28.957,34 €

7.239,34 € 

36.196,68 € 

Melide

175.687,49 €

43.921,87 € 

219.609,37 € 

Mesía

29.346,03 €

7.336,51 € 

36.682,54 € 

Negreira

104.168,69 €

26.042,17 € 

130.210,86 € 

Ordes

224.079,29 €

56.019,82 € 

280.099,12 € 

Oroso

107.666,89 €

26.916,72 € 

134.583,62 € 

Padrón

183.266,93 €

45.816,73 € 

229.083,67 € 

O Pino

62.773,30 €

15.693,32 € 

78.466,62 € 

Rois

48.391,80 €

12.097,95 € 

60.489,75 € 

Santa Comba

169.662,81 €

42.415,70 € 

212.078,52 € 

Santiago

0

0

0

Santiso

16.130,60 €

4.032,65 € 

20.163,25 € 

Teo

232.047,42 €

58.011,86 € 

290.059,28 € 

Toques

11.271,99 €

2.818,00 € 

14.089,98 € 

Tordoia

33.232,92 €

8.308,23 € 

41.541,15 € 

Touro

36.148,09 €

9.037,02 € 

45.185,11 € 

Trazo

31.289,48 €

7.822,37 € 

39.111,85 € 

Val do Dubra

54.027,79 €

13.506,95 € 

67.534,74 € 

Vedra

62.384,61 €

15.596,15 € 

77.980,76 € 

TOTAL

2.396.657,27 €

599.164,30 €

2.995.821,61 €




COMARCA DE BERGANTIÑOS-COSTA DA MORTE

CONCELLO

AXUDA DA DEPUTACIÓN   (80%)

ACHEGA MUNICIPAL (20%)

TOTAL                  (IMPORTE A XUSTIFICAR)

Cabana de Bergantiños

55.971,24 €

13.992,81 € 

69.964,05 € 

Camariñas

82.013,41 €

20.503,35 € 

102.516,76 € 

Carballo

550.578,18 €

137.644,54 € 

688.222,72 € 

Cee

149.256,63 €

37.314,16 €

186.570,79 €

Cerceda

68.603,63 €

17.150,91 € 

85.754,54 € 

Corcubión

23.515,69 €

5.878,92 € 

29.394,62 € 

Coristanco

78.515,21 €

19.628,80 € 

98.144,01 € 

Dumbría

30.123,41 €

7.530,85 € 

37.654,26 € 

Fisterra

56.359,93 €

14.089,98 € 

70.449,91 € 

A Laracha

148.090,56 €

37.022,64 € 

185.113,21 € 

Laxe

46.254,01 €

11.563,50 € 

57.817,51 € 

Malpica

93.091,05 €

23.272,76 € 

116.363,81 € 

Muxía

59.663,78 €

14.915,95 € 

74.579,73 € 

Ponteceso

86.872,02 €

21.718,01 € 

108.590,03 € 

Vimianzo

128.461,76 €

32.115,44 € 

160.577,20 € 

Zas

89.009,81 €

22.252,45 € 

111.262,27 € 

TOTAL

1.746.380,32 €

436.595,07 €

2.182.975,42 €



COMARCA DE BARBANZA

CONCELLO

AXUDA DA DEPUTACIÓN   (80%)

ACHEGA MUNICIPAL (20%)

TOTAL                  (IMPORTE A XUSTIFICAR)

Boiro

267.223,79 €

66.805,95 € 

334.029,73 € 

Carnota

48.197,45 €

12.049,36 € 

60.246,82 € 

Lousame

24.876,11 €

6.219,03 € 

31.095,13 € 

Mazaricos

51.306,97 €

12.826,74 € 

64.133,71 € 

Muros

101.059,18 €

25.264,79 € 

126.323,97 € 

Noia

243.708,09 €

60.927,02 € 

304.635,12 € 

Outes

77.737,83 €

19.434,46 € 

97.172,29 € 

A Pobra do Caramiñal

126.129,63 €

31.532,41 € 

157.662,03 € 

Porto do Son

112.719,85 €

28.179,96 € 

140.899,82 € 

Rianxo

129.433,49 €

32.358,37 € 

161.791,86 € 

Ribeira

370.615,10 €

92.653,78 € 

463.268,88 € 

TOTAL

1.553.007,49 €

388.251,87 €

1.941.259,36 €

Páxinas suxeridas