Estás en:Novas

A Deputación adxudica por 195.000 euros as obras de mellora da estrada de Berdillo ao Moucho, en Carballo

A Deputación adxudica por 195.000 euros as obras de mellora da estrada de Berdillo ao Moucho, en Carballo

A Deputación da Coruña vén de asinar o contrato para  executar as obras de renovación do firme e mellora da seguridade viaria dos primeiros 2,5 quilómetros da estrada provincial DP 1904 da Feira de Berdillo ao Moucho, no termo municipal de Carballo.

As obras foron adxudicadas á empresa GR Construcciones por 195.479,05 euros e terán un prazo de execución de catro meses.

Os traballos comezarán coa limpeza de gabias e beiravías, o fresado e reparación das zonas máis deterioradas da vía e a regularización do firme. Posteriormente, procederase á pavimentación do tramo con mestura asfáltica en quente de 6 cm de espesor en todo o ancho da calzada.

O proxecto contempla ademais o pintado da estrada e a renovación da sinalización vertical e horizontal.

Páxinas suxeridas