Estás en:Novas

A Deputación inviste 238.000 euros na mellora da seguridade da DP 6602, que conecta O Pino e Touro

O pleno deu luz verde obras da vía que vai de Fonte Díaz a Santa Irene e que rexistra unha media de 1.222 vehículos ao día

A Deputación inviste 238.000 euros na mellora da seguridade da DP 6602, que conecta O Pino e Touro

A Deputación da Coruña aprobou no pleno deste venres investimentos por importe de máis de 2,6 millóns de euros para mellorar diversas estradas da rede viaria provincial.

Entre eles, figura a actuación de renovación do firme da DP 6602 de Fonte Díaz a Santa Irene, unha das principais vías de conexión entre os concellos de Touro e O Pino, onde se aprobou un investimento de 238.231,29 euros.

As actuacións terán lugar no tramo de 2,3 quilómetros que vai do PK 0+400 ao 2+699, onde se aprecia en diferentes tramos un deterioro importante da calzada, pola que circulan unha media de 1.222 vehículos cada día e que sirve como conexión principal entre os dous municipios.

A actuación consistirá no fresado e reparación do citado tramo do vial e a dotación dunha nova pavimentación de mestura asfáltica en quente de 5 cm d espesor en toda a superficie (35.725 metros cadrados), o que contribuirá a mellorar a seguridade do tráfico. A seguridade peonil é boa xa que alí se construíu unha senda peonil. As obras incluirán o pintado das marcas viais e a sinalización horizontal e vertical.

O prazo de execución das obras é de dous meses e durante estas manterase en servizo un dos carrís de circulación en todo momento.

Páxinas suxeridas