Estás en:Novas

A Deputación remata as obras de mellora da estrada DP 4501 da Picota a San Xián de Beba, en Mazaricos

Ademais de mellorar a capa de rodaxe nun tramo de 4 quilómetros, as obras contribuíron a mellorar a seguridade peonil entre os núcleos da Picota e Vilariño de Beba

A Deputación remata as obras de mellora da estrada DP 4501 da Picota a San Xián de Beba, en Mazaricos

A Deputación da Coruña rematou as obras de mellora da estrada DP 4501 da Picota a San Xián de Beba, no termo municipal de Mazaricos.

Os traballos supuxeron un investimento de 239.805 euros para a completa renovación da pavimentación desta vía nun tramo de case catro quilómetros comprendido entre os PK 0+000 e 3+900 mediante o estendido dunha capa de mestura bituminosa en quente de 5 cm. de espesor.

Entre os núcleos da Picota e Vilariño de Beba (PK 0+440 e 1+520) construíuse, pola marxe esquerda da calzada, unha cuneta revestida de formigón con sección rebasable; de xeito que ademais de cumprir as súas funcións propias de drenaxe poida ser utilizada para o tránsito peonil entre ambos os dous núcleos.

Os traballos incluíron ademais o pintado das marcas viais, pasos de peóns e sinalización horizontal e a reposición da sinalización vertical en toda a lonxitude da vía, así como a substitución das barandas e barreiras metálicas de seguridade.

Páxinas suxeridas