Estás en:Novas

A Deputación destina 200.000 euros para apoiar ás entidades agrarias e labregas da provincia

O BOP publica hoxe a concesión definitiva desta liña de subvencións, da que se beneficiarán Comisións Legras e Unións Agrarias.

As axudas, orientadas ao fomento do sector primario, "permitirán a posta en marcha de novos proxectos ou a realización de actividades de formación e asesoramento técnico, co obxectivo de impulsar melloras en sectores chave para a economía coruñesa coma o agrario ou o lácteo", afirmou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso.

A Deputación destina 200.000 euros para apoiar ás entidades agrarias e labregas da provincia

A Deputación da Coruña vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia a concesión definitiva do programa de subvencións para a realización de actividades dirixido a entidades agrarias e labregas da provincia, ás que destinará 200.000 euros.

Estas axudas, orientadas ao fomento do sector primario, "permitirán a posta en marcha de novos proxectos ou a realización de actividades de formación e asesoramento técnico, co obxectivo de impulsar melloras en sectores chave para a economía coruñesa coma o agrario ou o lácteo", segundo afirmou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso.

Neste caso os beneficiarios desta liña de subvencións son Comisións Labregas-Sindicato Labrego Galego e Unións Agrarias-UPA, que recibirán 100.000 euros de axuda para financiar os seus programas de asesoramento e prestación de servizos ás explotacións agrarias, gandeiras e forestais, co fin de mellorar as súas rendas e condicións de traballo.