Estás en:Novas

A Deputación inviste máis de 90.000 euros na mellora de estradas en Zas

A iniciativa, financiada integramente a través do Plan Único, permitirá mellorar a seguridade viaria das parroquias de Brandomil, Muíño e Meanos.

A Deputación inviste máis de 90.000 euros na mellora de estradas en Zas

A Deputación da Coruña investirá, a través do seu Plan Único, 91.426,90 euros na mellora da seguridade viaria nas estradas de Brandomil, Muíño e Meanos, no Concello de Zas.

As obras, en licitación ata o 11 de agosto, levaranse a cabo nas estradas municipais de Brandomil-Limideiro, entrada a Pudenza, A Lagoa-Langueirón, Fontespiño-O Vilar e Vila-Santa Sabiña. A iniciativa, en fase de licitación ata o vindeiro 11 de agosto, consistirá na limpeza da superficie do pavimento e dos bordes das estradas, para posteriormente aplicar dobre rego asfáltico sobre o firme existente, rego asfáltico semiprofundo nas zonas con desprendementos e unha base de 10 centímetros de pedra e rego asfáltico para as zonas de grandes desprendementos de firme.

As tarefas permitirán mellorar a situación das vías, que actualmente contan cun asfalto en estado deficiente, con numerosas fochancas e cortes, chegando incluso tamén a contar con afundimentos da calzada. As obras incluídas no POS+ 2019 Complementario contarán cun prazo de execución de 1 mes.