Estás en:Novas

A Deputación da Coruña apoia con trescentos mil euros programas pola igualdade e loita contra a violencia machista de 39 entidades


Financia iniciativas de conciliación, empoderamento, inserción laboral ou prevención do feminicidio

A Deputación da Coruña apoia con trescentos mil euros programas pola  igualdade e loita contra a violencia machista de 39 entidades

A Deputación da Coruña achega 298.086,73€ para financiar os programas de política pola igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e a loita contra a violencia de xénero. En total son 39 as entidades beneficiarias da liña de axudas convocada pola área de Igualdade.

Programas de conciliación, , empoderamento, emprego e inserción sociolaboral, apoio ás persoas coidadoras, prevención da violencia machista, visibilización do colectivo LGTBI e fomento da igualdade e a identidade sexual son algúns dos proxectos que a área de Igualdade da Deputación da Coruña apoia a través da liña de axudas en concorrencia competitiva destinada a financiar ás entidades que traballan para vencer a discriminación de xénero.

Nesta nova edición da convocatoria, a área e Igualdade contribúe ao desenvolvemento de programas pola igualdade e contra a violencia machista de 39 entidades da provincia.

A responsable da Área de Igualdade, María Muíño, apunta que un dos obxectivos do goberno da Deputación da Coruña "é traballar, man a man coas entidades, até que a discriminación das mulleres e a violencia machista que soportan desapareza". Neste sentido, destacou o papel desenvolvido polas "asociacións que desenvolven as súas actividades ao longo de todo o territorio e que reparan nalgunhas das urxencias que afectan ás mulleres, con iniciativas arredor da conciliación, os coidados, a empregabilidade ou a eliminación, en definitiva, das desigualdades aínda existentes".

Ademais, fixo especial fincapé no interese da realización de programas contra a violencia machista que, segundo dixo, " se ten que combater desde todos os ámbitos e, de maneira especial, desde as institucións onde é necesario ter un compromiso firme á hora de apoiar todas as iniciativas que contribúan á eliminación do machismo e a súa grave consecuencia que é o feminicidio que padecen as mulleres". 

 

Listaxe de entidades beneficiarias

 

 

Beneficiario: A.L.A.S. CORUÑA (ASOCIACIÓN POLA LIBERDADE AFECTIVA E SEXUAL DE A CORUÑA)

 Obxecto: EI-2 FOMENTO DA IGUALDADE DE XÉNERO. OBRADOIROS ROMPER BARREIRAS.FIGHTING BARRIERS

 

6.718,80 €

Beneficiario: A.N.P.A. A SANTAIA DO CPI FONTE DÍAZ

 

Obxecto: EI-4 CONCILIACIÓN E RESPONSABILIDADES COMPARTIDAS. SERVIZO “BOS DÍAS” E CONCILIACIÓN NOS “DÍAS SEN COLE”.

 

3.555,00 €

Beneficiario: ANPA O FORTE DO CEIP N.º 1 DE MELIDE

 

Obxecto: EI-4 CONCILIACIÓN E RESPONSABILIDADES COMPARTIDAS. SERVIZOS DE CONCILIACIÓN FAMILIAR. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ANO 2020

 

3.319,60 €

 

Beneficiario: A.N.P.A. O RAMO DO CEIP

 

Obxecto: EI-4 CONCILIACIÓN E RESPONSABILIDADES COMPARTIDAS. O RAMO IGUALA-CONCILIA 2020 FENE

 

5.400,00 €

Beneficiario: A.P.A. BURGO DAS NACIÓNS DO CEIP DE VITE

Obxecto: EI-4 CONCILIACIÓN E RESPONSABILIDADES COMPARTIDAS.ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES. ANO 2020

 

1.480,00 €

Beneficiario: A.P.A. C.N.C. ROXOS VILLESTRO DE SANTIAGO

 

Obxecto: EI-4 CONCILIACIÓN E RESPONSABILIDADES COMPARTIDAS. Nin rosa nin azul. Roxos VI

 

8.750,00 €

Beneficiario: A.P.A. C.P. ARCEDIAGO A XUNTANZA

Obxecto: EI-4 CONCILIACIÓN E RESPONSABILIDADES COMPARTIDA.COEDUCA XOGANDO 2020

 

1.296,00 €

Beneficiario: A.P.A. LANDRAS C.E.I.P. MESTRE RODRIGUEZ XIXIREI

Obxecto: EI-4 CONCILIACIÓN E RESPONSABILIDADES COMPARTIDAS. PROGRAMA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES PARA A CONCILIACIÓN FAMILIAR 2020

 

2.473,20 €

Beneficiario: A.P.A. O FORTE DO C.P.I. ANTONIO ORZA COUTO

 

Obxecto: EI-4 CONCILIACIÓN E RESPONSABILIDADES COMPARTIDAS. CONCILIACIÓN ACTIVA

 

4.590,00 €

Beneficiario: A.P.A. PEDRAS BRANCAS CEIP FOGAR

 

Obxecto: EI-2 PROGRAMAS DE FOMENTO DA IGUALDADE DE XÉNERO, ORIENTACIÓN SEXUAL E IDENTIDADE DE XÉNERO. SERVIZO DE ORIENTACIÓN PARA A IGUALDADE

 

2.976,00 €

Beneficiario: A.P.A. SAN ISIDRO C.P. DICES

 

Obxecto: EI-4. SERVIZO DE CONCILIACIÓN FAMILIAR. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES (V)

 

2.683,20 €

Beneficiario: ARABIAS S.COOP.GALEGA

Obxecto: EI 1- EMPODERAMENTO E PARTICIPACIÓN SOCIAL. EspadELA: ESCOLA APODERAMENTO NO RURAL

 

8.580,00 €

Beneficiario: ASOC. CASA DA MULLER

Obxecto: EI-2 FOMENTO DA IGUALDADE. SABERES DE MULLER

 

7.635,60 €

Beneficiario: ASOC. DE MUJERES PARA LA IGUALDAD Y LA VISIBILIDAD LESBICA-LES CORUÑA

 

Obxecto: EI-2 FOMENTO DA IGUALDADE DE XÉNERO. (FAMILIAS LGBTQI+ E VISIBILIDADE DE MULLERES LBT)

 

4.056,80 €

Beneficiario: ASOCIACIÓN ACCIÓN SOCIAL EDUC.PERM.Y SERV.JUV.Y MUJER TEMPUS Obxecto: EI-4 PROGRAMA CONCILIACIÓN. CONCILIA NO MUÍÑO DE PEDROSO 2020

 

10.100,00 €

Beneficiario: ASOCIACIÓN CENTINELAS

 

Obxecto: EI-2. PROGRAMA FOMENTO IGUALDADE. COMPETENCIAS PARA A IGUALDADE 2020

 

12.500,00 €

Beneficiario: ASOCIACIÓN DE MULLERES CON DISCAPACIDADE DE GALICIA

Obxecto: EV-1 PREVENCIÓN, SENSIBILIZACIÓN E IDENTIFICACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO. VIO 7 VER PARA ERRADICAR

 

12.526,61 €

Beneficiario: ASOCIACIÓN MIRABAL

Obxecto: EV2- TRATAMENTO INTEGRAL AS PERSOAS EN SITUACIÓN DE VX. PROGRAMA MIMOSA 2020

 

4.840,00 €

Beneficiario: ASOCIACIÓN MULLERES RURAIS AMURUSA

 

Obxecto: EI3 FOMENTO DO EMPREGO. CURSO DE AGRICULTURA ECOLÓXICA E ELABORACIÓN DE CONSERVAS.

 

2.600,00 €

Beneficiario: ASOCIACIÓN MULLERES RURAIS ARUME DE MELIDE

Obxecto: EI3- FOMENTO DO EMPREGO. OBRADOIRO TAPICERÍA, BRICOLAXE E CESTERÍA

 

2.730,00 €

Beneficiario: ASOCIACIÓN MULLERES RURAIS CERES DE CARBALLO

Obxecto: EI-3 FOMENTO DO EMPREGO. EMPRENDEMENTO FEMININO RURAL

 

4.400,00 €

Beneficiario: ASOCIACIÓN PARA EL EMPODERAMIENTO DE PERSONAS VULNERABLES Y O RIESGO DE EXCLUSIÓN Obxecto: EV-2 INTERVENCIÓN VX. PROXECTO AVANZA PARA MENORES VÍTIMAS DE VX.

 

3.300,00 €

Beneficiario: ASOCIACIÓN POLA IGUALDADE E COEDUCACIÓN Obxecto: EV1- PREVENCIÓN, SENSIBILIZACIÓN E IDENTIFICACIÓN DA VX. PROGRAMA APICO 2020.

 

6.600,00 €

 

Beneficiario: ASOCIACIÓN PUNTODELAS-SECRETARÍA DAS MULLERES Obxecto: EI2-FOMENTO DA IGUALDADE. O RURAL ENTENDE: O COLECTIVO LGTBI FAISE VISIBLE NO RURAL

 

5.832,00 €

Beneficiario: ASOCIACIÓN R. Y C. LOS TILOS

 

Obxecto: EI-4 CONCILIACIÓN e RESPONSABILIDADES COMPARTIDAS (Na casa hai... II)

 

7.948,40 €

Beneficiario: ASOCIACIÓN SOCIO-EDUCATIVA PARA LA EDUCACIÓN (ASEDUC)

Obxecto: EV-1 PREVENCIÓN, SENSIBILIZACIÓN E IDENTIFICACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO. PUBLIGUALDADE

 

6.205,50 €

Beneficiario: ASOCIACIÓNS LABREGAS

 Obxecto: EI-1 EMPODERAMENTO E PARTICIPACIÓN SOCIAL. LABREGAS CON DEREITOS: REVOLTA FEMINISTA EN TODAS AS ALDEAS

 

15.000,00 €

Beneficiario: ASOC.PARA A PROMOCIÓN E INTEGRACIÓN DAS MULLERES GALEGAS DO RURAL (AGRA)

Obxecto: EV1- PREVENCIÓN, SENSIBILIZACIÓN E IDENTIFICACIÓN DA VX. FIESTRAS 2020

 

11.760,00 €

Beneficiario: ASOC.PARA PROM.SOC.E A INSERC.LABOR.PLATAFORMA POLO EMPREGO

Obxecto: EI-3 FOMENTO DO EMPREGO. ACCIÓNS FORMATIVAS PARA A INSERCIÓN SOCIOLABORAL CABO DELA

 

6.642,68 €

Beneficiario: AVENTEIRA S. COOP. GALEGA

 

Obxecto: EI2- FOMENTO DA IGUALDADE. Programa “Lentes violetas de igualdade para a educación non formal”

 

10.378,50 €

Beneficiario: BARBANCESA DE AXUDA E SOLIDARIDADE A.B.A.S.

Obxecto: EI2-FOMENTO DA IGUALDADE. PROXECTO SÁLVORA SOBRE A IGUALDADE

 

2.160,00 €

Beneficiario: ESTUDOS LABORAIS FEMINISTAS

 

Obxecto: EI-2 FOMENTO DA IGUALDADE DE XÉNERO. ESPAZO DE ENCONTRO, SENSIBILIZACIÓN E FORMACIÓN

 

7.470,00 €

Beneficiario: F.A.P.A. FERROL Y COMARCA CONCEPCION ARENAL

 

Obxecto: EV-1 PREVENCIÓN E SENSIBILIZACIÓN EN VX. II ENCONTRO ESCOLAR POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO DE FERROLTERRA

 

17.500,00 €

Beneficiario: FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS DE MULLERES RURAIS DE GALICIA

 

Obxecto: EI-3 FOMENTO DO EMPREGO. EMPRENDEMENTO EN FEMENINO EN REDE

 

13.297,27 €

Beneficiario: FEDERACIÓN MUNICIPAL ANPAS CEIP CONCELLO SANTIAGO COMPOSTELA

Obxecto: EI- 4.CONCILIACIÓN. REDE DE LUDOTECAS, PROGRAMAS E SERVIZOS DE CONCILIACIÓN

 

18.850,00 €

Beneficiario: FUNDACIÓN AMIGOS DE GALICIA

Obxecto: EI-3 FOMENTO DO EMPREGO. PROGRAMA DE INSERCIÓN LABORAL EM-FEMENINO

 

12.962,35 €

Beneficiario: FUNDACIÓN MUJERES

 Obxecto: EI-1-EMPODERAMENTO E PARTICIPACIÓN SOCIAL: Servizo de Apoio Integral a Persoas Coidadoras no Medio Rural.

 

22.400,00 €

Beneficiario: HERMANAS OBLATAS DEL SANTÍSIMO REDENTOR (CASA DE FERROL)

Obxecto: EI3-FOMENTO DO EMPREGO. PROGRAMA FORMATIVO DE MELLORA DA EMPREGABILIDADE

 

12.122,64 €

Beneficiario: RADIO ECCA FUNDACION CANARIA

Obxecto: EI-3. FOMENTO EMPREGO. PROGRAMA CAPACITACIÓN PROFESIONAL E FORTALECEMENTO DA IGUALDADE DAS MULLERES NA PROCURA DE EMPREGO

 

4.446,58 €

 

 

Total concedido: 298.086,73 €.